Notas de prensa

Unha empresa galega desenvolve unha pasta biocerámica fácilmente inxectable que permite correxir calquera defecto óseo

* A reconstrución ósea en intervencións relacionadas coa esteoporose será un dos usos principais do produto * O proxecto conta coa colaboración técnica e científica dun equipo de traballo do Instituto de Cerámica de Galicia e co apoio económico da Consellería de Innovación e Industria a través do Plan Galego de I+D+i

Desenvolver un produto sanitario de moi alto valor engadido e cunha tecnoloxía 100% nacional. Esta é a principal cualidade innovadora do proxecto de investigación que está a levar adiante a empresa coruñesa Keramat, unha iniciativa que demostrará, segundo o investigador principal do estudo, Miguel Ãngel Souto, “que en Galiza é posible desenvolver materiais que tradicionalmente se importan a un custo elevadísimo”.

O proxecto consiste en desenvolver unha pasta biocerámica inxectable para correxir os defectos óseos. Esta pasta é o resultado da combinación dun pó fino de beta fosfato tricálcico, de tamaño nanométrico, con diversos axentes humectantes. A característica principal desta pasta é que se convirte nun material fácilmente inxectable a través de calquera agulla hipodérmica presente no mercado. Ao aplicar o produto na zona do defecto óseo a tratar, o material será reabsorbido e substituído polo oso neorormado do propio pacente. Ademais, ao ser unha pasta de alta viscosidade fará que non existan riscos de movilidade por efecto do torrente sanguíneo.

A investigación xa está en marcha e, na mesma, colabora tamén o Instituto de Cerámica de Galicia. Dende Keramat confían en comezar coa comercialización do produto no ano 2006, pero revelan contactos con importantes compañías a nivel nacional e internacional que xa lles amosaron o seu interese na comercialización da pasta. A iniciativa conta co apoio do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria, a través do Programa de Tecnoloxías dos Materiais.

UNHA APLICACIÓN DIRECTA SOBRE O DEFECTO ÓSEO A TRATAR NO PACENTE

O feito de que a pasta biocerámica poida cargarse nunha xeringa permite a súa aplicación directa sobre o defecto óseo a tratar no pacente e a súa adaptación inmediata á forma deste defecto. A composición da pasta garante unha excelente actividade sobre o oso a tratar xa que, co paso do tempo, o implante irá desaparecendo para ser substituído polo oso do propio pacente.

A fácil aplicación do produto é outra das vantaxes que suliña Miguel Ãngel Souto. “Esta pasta inxectable será moi fácil de empregar por parte do profesional. Evita ao cirurxano tér que manipular o biomaterial –misturalo coa sangue do pacente ou con soro- para conformar unha pasta adaptable ao defecto, co conseguinte aforro de tempo e coa seguridade de que, ao non ter que ser manipulado, o produto segue mantendo a condición estéril”. Outra vantaxe desta sinxela aplicación é que permitirá a utilización da pasta en patoloxías nas que non se estaban empregando biomateriais de forma habitual debido á complicación que presenta a súa aplicación.

A pasta biocerámica empregarase na cirurxía non invasiva e o seu uso centrarase en tres campos: neurocirurxía, traumatoloxía e odontoloxía por ser as tres principais especialidades que traballan con osos. Non obstante, Miguel Ãngel Souto adianta que “estamos estudando a posibilidade de abrirnos a outras especialidades tales como a otorrinolaringoloxía e a cirurxía reconstrutiva, xa que en moitas das súas intervencións interveñen os osos”, afirma.

PARTÃCULAS DE FOSFATO TRICÃLCICO DE TAMAÑO NANOMÉTRICO

O tamaño do fosfato tricálcico que se vai empregar na elaboración da pasta inxectable é de gran importancia para os resultados do estudo. As partículas de fosfato tricálcico que constituirán o produto terán un tamaño nanométrico, inferior a 0,15 micras –unha micra é unha milésima de milímetro-. O investigador explica que este tamaño tan pequeno “producirá que o fosfato tricálcico, unha vez introducido na zona do defecto, sexa moito máis activo que se o tamaño da partícula fora maior, polo que a rexeneración do defecto faráse nun tempo menor. Isto mellorará a calidade de vida do pacente, xa que se poderá reincorporar á súa vida normal nun tempo inferior”.

Antes de lanzar o produto ao mercado ensaiarán os seus efectos en animais. Implantarán a pasta inxectable a ratas de laboratorio e a coellos para comprobar, segundo explica Miguel Ãngel Souto, “que o material non é citotóxico, é dicir, que non produce ningunha reacción non desexada no organismo”, declara.

No proxecto colabora tamén o Instituto de Cerámica de Galicia, que se encargará de todas as tarefas relativas ao deseño dos materiais –elección, caracterización, preparación de misturas, ensaios de reoloxía, estudos de inxectabilidade e parte da realización dos ensaios in vivo.

Keramat, pola súa parte, fará todo o relativo ao escalado industrial, que consiste en pór a punto o proceso de fabricación da pasta inxectable, o deseño do envasado e sistemas de dosificación do produto e a obtención do marcado CE, requisito indispensable para poder comercializar un produto sanitario. Trátase, xa que logo, dun exemplo de colaboración entre unha empresa e un centro tecnolóxico valorada dun xeito moi positivo dende Keramat. “A finalidade desta colaboración é a de aproveitar os coñecementos dun centro con ampla experiencia no campo dos biomateriais para desenvolver un produto que poida saír ao mercado e que cubra unhas necesidades que, até o de agora, non estaban presentes”, afirma Miguel Ãngel Souto.

Até o de agora, só unha empresa alemana comercializa un produto parecido ao que quere desenvolver Keramat, pero cunha diferencia fundamental na composición que explica Miguel Ãngel Souto: “a pasta inxectable de Keramat tén un contido en sólidos do 65% e a alemana tén un contido en sólidos do 35%, o que se traduce nunha menor reactividade e nunha reabsorción dez veces máis lenta que a pasta de Keramat”. Ademais, o investigador puntualiza que, ao ter unha maior porcentaxe de sólidos, “necesitaráse menos cantidade do noso material para encher un defecto óseo”.

RECONSTRUCIÓN ÓSEA EN INTERVENCIÓNS RELACIONADAS COA ESTEOPOROSE

Dende Keramat sinalan que, co desenvolvemento desta pasta, ofrecen un produto que a comunidade médica demandaba dende hai tempo, un biomaterial que sexa eficaz e moi cómodo de utilizar. Segundo Miguel Ãngel Souto, “a pasta inxectable de fosfato tricálcico, ao ter un tamaño de grao inferior a unha micra e unha viscosidade moi alta, permanecerá estable na zona do defecto e será reabsorbida e substituída polo oso autólogo unha vez completado o proceso de reabsorción”. A reconstrución ósea en intervencións relacionadas coa esteoporose será un dos usos principais do produto.

As propiedades da pasta inxectable son varias e así o subliña Miguel Ãngel Souto: “a súa composición, a base de fosfato tricálcico, fai que sexa un produto sen posibilidade de rexeitamento polo corpo humano, favorece os procesos de vascularización e colonización celular, non contén ningunha substancia de orixe animal, evita as complicacións derivadas da extracción de autoinxertos e a súa presentación como inxectable permite a diminución do tempo quirúrxico e a contaminación do produto durante o manexo”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2005-12-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES