A ConsellerÃa de Innovación e Industria vén de rematar a elaboración, xunto co comité de empresa da Fábrica de Armas da Coruña, dunha proposta para garantir o futuro de Santa Bárbara, proposta que será trasladada ao Goberno central. O documento apunta a necesidade de elaborar un plan de viabilidade para a Fábrica de Armas que conte co compromiso firme do Ministerio de Defensa para garantir o mercado da factorÃa.
Esta garantÃa pasa tanto por que Defensa manteña a adquisición de material a Santa Bárbara para cubrir as súas necesidades, é dicir, garantir a súa carga de traballo, coma por que se busque a apertura de novos mercados nas misións comerciais que se envÃen a outros paÃses. O mercado do armamento caracterÃzase por ser un mercado moi regulado e cun importante papel das administracións públicas, como demandantes e como órganos reguladores, polo que a ConsellerÃa solicita especialmente a implicación e todas as administracións implicadas.
Dende a ConsellerÃa de Innovación e Industria considérase que as dificultades polas que atravesa Santa Bárbara derivan das caracterÃsticas especÃficas do mercado no que desenvolve a súa actividade, e non da súa situación económico-financeira, polo que non se xustifica en ningún modo a desaparición da fábrica. Contemplando a variabilidade que pode presentar o mercado do sector armamentÃstico, o documento recolle unha serie de actividades complementarias á de fabricación de armas no desenvolvemento das cales xogarán un papel importante tanto o Ministerio de Defensa coma a propia consellerÃa.
Tamén se fai fincapé na devandita proposta na necesidade de que Santa Bárbara continúe na súa localización actual, polo menos en tanto non se presente, en colaboración coa Xunta, un plan industrial de futuro que asegure a permanencia da factorÃa no sector da defensa e mais naqueles sectores complementarios aos que poida enfocarse a produción. A Fábrica de Armas da Coruña constitúe un centro fabril de especial importancia económica, xera 217 postos de traballo directos e leva máis de 70 anos funcionando. O coñecemento técnico acumulado que deriva desta experiencia, a xuÃzo da ConsellerÃa de Innovación, serÃa dificilmente recuperable no caso de que fábrica pechase, e Galiza deixarÃa de ter presenza nun sector económico importante como é o do armamento.
No mes de novembro pasado Fernando Blanco anunciaba a creación dunha comisión integrada por membros do seu gabinete e por representantes dos traballadores para a elaboración dunha proposta de viabilidade que serÃa trasladada ao Goberno central. Xa no mes de outubro o conselleiro transmitira aos ministros de Defensa e de Industria a súa preocupación polo futuro de Santa Bárbara, ademais de trasladarllo persoalmente a José Bono na súa última visita a Santiago.