Notas de prensa

Feedback presenta a exposición resistente á auga en Santiago de Compostela, na Aula de Cultura de Caixa Galicia

Organización e xestión: Estefanía de la Torriente, Eva Mendoza e Antón Cabaleiro, de Feedback. Texto do catálogo escrito polo crítico de arte, Xosé Manuel Lens. Patrocinador principal: Aquagest. Outros patrocinios: Oviga e Neorsa. Inauguración: martes 20 de decembro, ás 19:00 h. Datas: desde o martes 20 de decembro ata o 15 de xaneiro de 2006. Horario: de luns a sábado. De 12 a 14 h e de 18 a 21 h. Domingos e festivos pechado. Lugar: Aula de cultura de Caixa Galicia, r/ Carreira do Conde, n.º 18. Santiago de Compostela.

Eventos puntuais relativos á exposición Resistente al agua.
Martes 20 de decembro: acción nas rúas de Compostela, na fonte da praza do Toural.
Mércores 21 de decembro: acción na fervenza de San Domingos da Calzada (costa da Camelia).

Feedback presenta a exposición Resistente al agua, na que reúne un total de dezaseis artistas emerxentes, que proceden de distintos lugares e que traballan en diferentes disciplinas artísticas, pero que teñen en común que desenvolven o seu traballo ao longo de todo o panorama nacional.

Feedback é unha asociación para a mediación cultural de ámbito nacional, con sede social en Madrid.
Ata agora, a maioría dos seus proxectos desenvolvéronse en Madrid, comunidade na que a asociación conta cun programa de televisión destinado á videoarte e á promoción de artistas na canle autonómica La Otra, de Telemadrid.

Para poder levar a cabo a exposición Resistente al agua, Feedback contou co apoio e o patrocinio de empresas establecidas en Compostela.

O patrocinador principal do proxecto é Aquagest, empresa creada en 1969 pola Sociedad General de Aguas de Barcelona (Grupo Agbar), dedicada á xestión do ciclo integral da auga.

Outras empresas que se involucraron no proxecto co seu mecenado son Oviga e Neorsa.

Con Resistente al agua, Feedback fai a súa presentación en Galicia na sala de exposicións da Aula de Cultura, da Fundación Caixa Galicia.

Os artistas participantes son: Daniel Silvo, Cádiz, 1982; Carlos Maciá, Lugo, 1977; Antonio Lozano, Madrid, 1973; Fernando Rubio Ahumada, Colombia, 1970; Bárbara Fluxá, Madrid, 1974; Miguel Soler, Sevilla, 1975; Augusto Andrade, Badajoz, 1974; Teresa Negrín, Lanzarote, 1977; Ming Yi Chou, Taiwán, 1969; Manuel Barbero, Murcia, 1967; Juan Carlos Martínez, Córdoba, 1978; Gianfranco Crovetto, Lima, Perú, 1978; Maite Camacho, Madrid, 1978; Rubén Santiago, Lugo, 1974; SDF (sindomiciliofijo); Isaac Cordal, Pontevedra, 1974.

A través desta exposición interpretamos a auga como elemento en si mesmo, como un recurso e, asemade, como alegoría dun sistema social estruturado en fluxos.

A auga como algo esencial para a supervivencia e que, ademais, lle dá forma e a organiza.

Tres cuartas partes do planeta son auga e esta mesma proporción repítese en todos e cada un dos individuos que o habitamos. A parte que resta, aquela que non nos é común, é a que nos diferencia uns dos outros.

A inscrición Resistente al agua nun reloxo de pulso advírtenos de que o aparato poderá entrar en contacto co dito fluído sen que o seu mecanismo se vexa afectado, sen que o seu funcionamento interno se deteriore.

Quizais unha das maiores dificultades coas que se enfronta un artista sexa esta mesma, a de “resistir” ao cotián e ao fluxo do anódino. Resistir no sentido de que o propio contacto con ela lle sirva para desentrañar, desde a súa intimidade, parte do funcionamento dunha realidade ateigada de información, de intereses, de conflitos e de engrenaxes en evolución, que día tras día, e debido á súa intercomunicación, van variando aspectos dos nosos modelos relacionais e de actuación co noso contorno, sen que apenas nos decatemos. Unha realidade á que facilmente nos habituamos e da que, en ningún momento, somos enteiramente conscientes.

Eva Mendoza Chandas (Feedback- Espacio para mediación cultural), 2005-12-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES