Notas de prensa

Manuel Luís Rodríguez pondera a conveniencia de achegar gradualmente a atención social da emigración ás prestacións que reciben os galegos residentes

* Manuel Luís Rodríguez visitou a municipalidade de Avellaneda, unha das zonas de Arxentina máis castigadas polas crises industriais do país * Emigración avogará por potenciar a rede de centros de día no exterior e mellorar as condicións de vida dos maiores máis desfavorecidos * A visita a un centro de día complementouse cunha entrevista co intendente de Avellaneda, co quen se traballará na previsión de necesidades da comunidade galega

O secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, visitou Avellaneda, municipalidade provincia de Bos Aires onde reside un importante colectivo de galegos, e área industrial do país especialmente castigada polas crises dos años oitenta e noventa que debilitaron gravemente o tecido económico e social. A última xornada do titular de Emigración do Goberno galego en Arxentina fechouse cun encontro coa comunidade de orixe galega máis necesitada e dependente, ante a que ponderou a importancia de incrementar os esforzos que permitan que os galegos residentes no exterior reciban cando menos un trato similar ao que reciben os que viven na comunidade autónoma. Nese senso, apostou por canalizar os recursos que permitan “achegar gradualmente a atención social que se dispensa na emigración aos parámetros das prestacións habilitadas para os galegos residentes”.

A prioridade, no novo modelo de relación que a Secretaría de Emigración desexa impoñer coa diáspora, baseado no recoñecemento de dereitos e no acceso á información en igualdade de condicións, pasa por dirixirse en primeiro termo ao colectivo de maiores, o máis dependente e, no caso de Avellaneda, o máis necesitado de solucións efectivas.

A visita ao Centro Galego de Xubilados, onde Manuel Luís Rodríguez tomou contacto directo e escoitou aos as responsables da entidade e as experiencias dos beneficiarios dos programas sociais que promove a Secretaría, serviu para confirmar que a realidade social da diáspora esixe un compromiso firme que potencie no horizonte da lexislatura unha “rede de centros de día no exterior que envorque a situación de desamparo na que aínda se atopan algúns maiores de orixe galega” a través da atención ás necesidades básicas e a programación de actividades culturais e de lecer que faciliten a integración e a socialización. A soidade, o desamparo e a dependencia que aínda atacan a un segmento do colectivo da terceira idade demandan actuacións que permitan “envellecer con calidade de vida e rodeado de afecto e dedicación”.

Entrevista co intendente de municipalidade
A visita do secretario xeral a Avellaneda, que na actualidade conta con dous centros de día nos que se desenvolve a programación social da Xunta de Galicia, complementouse cunha entrevista co máximo responsable político da municipalidade, o intendente Baldomero Ãlvarez de Rivera, co que coincidiu na importancia de manter activo de intercambio de información entre administracións e na importancia de facer unha completa previsión das necesidades da comunidade galega en Avellaneda.

Gabinete de Comunicación da Secretaría de Emigración da Xunta de Galicia, 2005-12-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES