Notas de prensa

A Copa Xunta de Galicia dispútase nun momento doce para o fútbol sala galego

• O torneo celébrase os días 7 e 8 de decembro o Pavillón Municipal de Pontevedra • O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, anunciou a súa intención de introducir novidades no seu formato

Foi presentada en Santiago de Compostela a XVI edición da Copa Xunta de Galicia de fútbol sala, que se disputa os días 7 e 8 de decembro en Pontevedra. O acto, que tivo lugar na Dirección Xeral para o Deporte, contou coa presenza do director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e representantes dos catro clubs participantes.

Desta forma, o director xeral para o Deporte, recordou que este torneo chega nun momento doce para o fútbol sala galego, co Lobelle comandando a División de Honra do fútbol sala español, e o Azkar como campión da Recopa europea. “O fútbol sala é o deporte que ten máis licencias federativas en Galicia e ademais contamos con tres equipos na máxima categoría. Ãs veces é necesario ter equipos de alta competición que actúan coma motores para que cada vez sexan máis os nenos e nenas que se acheguen a práctica do deporte”. Ademais, Domínguez anunciou que “é a intención da Dirección Xeral dar un novo xiro a esta copa, para convertela nun torneo emblemático”.

A competición dispútase os días 7 e 8 de decembro no Pavillón Municipal de Pontevedra. A primeira semifinal, que comezará as 19:00 horas, afrontará a Azkar e Barcel Euro Puebla, mentres que a segunda a disputarán o Lobelle Santiago e o Leis de Pontevedra (21:00). A final terá lugar o xoves 8 de decembro as 12 da maña.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, 2005-12-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES