A Dirección Xeral de Saúde Pública inspecciona os establecementos de tatuaxes e piercings para garantir as súas condicións hixiénico sanitarias
* En Galicia hai censados 51 establecementos dedicados a este tipo de actividades.
O director xeral de Saúde Pública, Ramón Medina, asegurou no Parlamento de Galicia que o seu departamento ten identificado un total de 51 establecementos autorizados para facer tatuaxes temporais nun censo autonómico, e garantiu que a Consellería de Sanidade realizará, polo menos, unha inspección sanitaria para certificar a idoneidade das condicións hixiéntico sanitarias das instalacións, dos equipamentos e dos materiais.
Medina González - Redondo salientou que a Xunta ten que garantir que os aplicadores destas técnicas teñan unha axeitada formación. O director xeral de Saúde Pública salientou que xa se ten elaborado un folleto informativo baixo o lema tatúate seguro dirixido aos usuarios destes establecementos.
En Galicia, a práctica dos tatuaxes, piercing e micropigmentación está regulada a través do Decreto 13/2004, no que se establece a obrigatoriedade por parte do titular do establecemento de notificar a súa actividade á Delegación Provincial da Consellería de Sanidade. Tamén regula que os profesionais deberán estar en posesión, como mínimo, da titulación do ciclo superior de estética; do diploma ou licenciatura en ciencias da saúde; ou dun curso de formación continuada dun mínimo de 25 horas de duración.
Asimesmo, Ramón Medina lembrou que as entidades interesadas en exercer actividades de formación quedan suxeitas á obtención da previa autorización administrativa que corresponde ao director xeral de Saúde Pública, segundo está regulado na Orde do 22 de xullo de 2004.
Neste contexto, o director xeral de Saúde Pública confirmou que a Delegación Provincial de Ourense, foi informada da prohibición da utilización e retirada do mercado dun producto de henna negra para facer tatuaxes temporais que era distribuido nun establecemento desta provincia.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, 2005-12-05
Actualidad

A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.

A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).
Notas
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.