Galiza ten unha presenza destacada no Salón Náutico de ParÃs
* O director Xeral de Turismo da ConsellerÃa de Innovación e Industria reforza a promoción do paÃs na capital gala, xunto con axentes galegos do sector.

O director Xeral de Turismo da ConsellerÃa de Innovación e Industria, Rubén Lois González, está a reforzar, coa súa presenza, a promoción de Galiza e da súa oferta náutica no Salón de ParÃs, considerado como un dos máis importantes do mundo no seu campo. Lois González está a manter na capital gala contactos con touroperadores e axentes turÃsticos, en compañÃa de empresarios do sector do noso paÃs, de ámbitos como o aloxamento ou a construcción de embarcacións para a práctica de deportes náuticos.
A oferta de Turismo Náutico de Galiza promociónase neste Salón desde o pasado dÃa 2 ata o dÃa 12, compartindo espazo cos más importantes destinos mundiais desta modalidade turÃstica. Nesta ocasión, a ConsellerÃa de Innovación e Industria, a través de Turgalicia-Dirección Xeral de Turismo, instalou un stand de 75 metros cadrados que está atendido por persoal especializado da propia sociedade de promoción turÃstica e no que se mostra a variedade da oferta galega para a práctica desta modalidade.
Dentro do recinto promocional galego, ademais da oferta náutica global do paÃs, está presente como coexpositor o organismo Turismo de Vigo, e serve como plataforma de contactos profesionais para entidades promotoras do turismo galego, asà como colectivos e empresas relacionados co mundo mariño e da náutica.
Escaparate mundial
O Salón Náutico de ParÃs constitúe un dos mellores escaparates mundiais para a oferta galega desta modalidade turÃstica, oferta catalogada como a mellor do norte da penÃnsula, dadas as amplas posibilidades que ofrecen as costas galegas para a práctica dos deportes relacionados co mar.
Ao longo destes dÃas de feira, o turismo náutico galego estará presente en distintos foros e congresos paralelos ao Salón, ademais de terse programado un amplo calendario de entrevistas con distintos operadores turÃsticos especializados.
Turgalicia presenta un espazo de exposición orixinal e independente, dado o crecente interese do público francés polo destino Galiza no ámbito dos deportes náuticos.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2005-12-05
Actualidad

A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico GarcÃa Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artÃsticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa asà co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artÃstico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.

A figura e o legado de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).
Notas
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de PolÃmeros do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.