O secretario xeral de Emigración, Manuel LuÃs RodrÃguez, reuniuse na Casa Rosada co Director Nacional de Migracións da República de Arxentina, Ricardo Eusebio RodrÃguez, asà como co secretario de Provincias, Rafael Enrique Follonier. As entrevistas, que constituÃron a primeira toma de contacto entre o representante do goberno galego e as autoridades arxentinas desde que tomou posesión o novo executivo autonómico, serviu para acordar novas liñas de colaboración e traballo en materia de formación, especialmente de técnicos de emigración, nas que a experiencia galega serÃa aproveitada pola administración arxentina, que ve como o seu paÃs pasou de ser receptor de inmigración a converterse nun emisor de emigrantes.
Os representantes dos dous gobernos asumiron na reunión a necesidade de intercambiar datos sobre as colonias de cidadáns galegos e arxentinos asentados nos seus territorios, ao tempo que fixaron as regras para acadar a mellor fórmula de ordenar os fluxos migratorios de ida e volta. Neste senso, Galicia e Arxentina entenden que cómpre traballar sobre a capacitación cultural e profesional das segundas e terceiras xeracións de descendentes españois a fin de formalos e aproveitar ese capital humano nos fluxos migratorios, de xeito que quede superado o modelo precario de emigración de pasadas xeracións.
A necesidade de impulsar e supervisar desde Galicia a formación profesional en sectores como o enerxético, a pesca ou os asteleiros, nos que Arxentina desexa mellorar, foi outro dos acordos aos que se chegou na reunión.
Centro Betanzos centenario
Manuel LuÃs RodrÃguez participou, asemade, nos actos que conmemoran o centenario do Centro Betanzos en Bos Aires, asistindo a unha conferencia do cronista oficial de localidade coruñesa, Xosé Raimundo Núñez Lendoiro. O responsable de Emigración, que precedeu coa súa intervención ao cronista betanceiro, atribuÃu a supervivencia do centro ao longo dun século á súa “integración coa sociedade arxentina, á importancia e protagonismo outorgado á mocidade e á súa inquietude cultural, na que se constata un traballo sistemático a prol da idiosincrasia galega”.
A orixe do centro betanceiro remóntase a finais do século XIX, cando un grupo de emigrantes reuniuse en Bos Aires para conmemorar as festas de San Roque dos Caneiros. No ano 1897 sentaron as bases da institución que os agruparÃa formalmente no 1905, data desde a cal veñen desenvolvendo ininterrompidamente accións de propagación da cultura galega.
O completo programa social, cultural e deportivo que posúe a entidade, e que a sitúa á vangarda entre os medios da colectividade galega e española, foi recompensado neste ano 2005 coa declaración de Sitio de Interese Cultural por parte da Cidade Autónoma de Bos Aires.
Visita a un centro de dÃa
A axenda da SecretarÃa de Emigración en Bos Aires completouse coa visita ao centro de dÃa do Centro Galego, entidade que oferta actividades socio-recreativas para maiores que van desde o teatro ao ioga pasando polo debuxo. Actualmente son arredor de corenta persoas, galegas e socias na súa maiorÃa do Centro Galego, as que se integran nas distintas programacións.
O encontro do secretario xeral cos coordinadores do centro de dÃa, asà como cos beneficiarios do mesmo, inscrÃbese na rolda de visitas ás entidades galegas no exterior que se abriron coa toma de posesión do novo Goberno.