Notas de prensa

O Sergas comunicou 172 alertas farmacéuticas en Galicia no que vai de ano 2005, un 20% menos que no total do pasado 2004

* A través da Rede Galega de Alerta sobre Riscos dos Medicamentos coordínanse as actuacións para poder detectar e difundir calquera risco potencial para a saúde da poboación en relación coa calidade, a seguridade ou a comercialización ilegal dos produtos farmacéuticos * O departamento que dirixe María José Rubio Vidal contribúe así a que o emprego dos recursos se realice con maior calidade e seguridade

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comunicou en menos de 24 horas, aos centros ou establecementos sanitarios implicados, un total de 172 alertas relacionadas con produtos farmacéuticos durante os dez primeiros meses do presente ano 2005, un 20 por cento máis que no total do ano anterior 2004. Do total de alertas, o 98 por cento corresponden a alertas de calidade e de seguridade; e o resto aos de comercialización ilegal.

Un dos obxectivos clave dun sistema sanitario é proporcionar unha asistencia integral da máxima calidade, e o medicamento é un dos principais recursos terapéuticos no proceso de atención á saúde. Sen embargo, hai ocasións nas que a terapéutica farmacolóxica non permite acadar os obxectivos de saúde buscados, a causa da aparición de incidentes adversos xurdidos no emprego dos medicamentos polos usuarios.

As autoridades sanitarias deben establecer políticas e programas que minimicen eses efectos e nos que participen activamente os profesionais sanitarios e os pacientes. Por isto, a Consellería de Sanidade está a potenciar o sistema de farmacovixilancia, e, tamén, dispón dunha Rede de Alerta sobre Riscos relacionados cos Medicamentos e Produtos Sanitarios, que, de xeito coordinado, contribúen a que o emprego destes recursos se realice con maior calidade e seguridade.

Rede Galega de Alerta sempre en funcionamento

A Rede Galega de Alerta sobre Riscos relacionados cos Medicamentos e Produtos Sanitarios, dependente da Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios e permanentemente en funcionamento, encárgase de identificar calquera situación de risco potencial para a saúde da poboación que xurda en relación cos medicamentos ou produtos farmacéuticos de uso humano; e de poñer en coñecemento dos profesionais sanitarios a información e as correspondentes medidas cautelares que se adopten, actuando en coordinación cos órganos competentes nesta materia do Ministerio de Sanidade e Consumo.

O departamento sanitario que dirixe María José Rubio Vidal pretende garantir así a seguridade no emprego de medicamentos pola poboación galega, evitando ou minimizando consecuencias relacionadas cun consumo de produtos inadecuado ou con calquera problema que poida xurdir cos mesmos unha vez están no mercado.

O total de alertas farmacéuticas, no pasado ano 2004, foron 142, e no 2003, eran 68. Esta evolución ascendente nas cifras indica que os profesionais sanitarios, as entidades fabricantes e distribuidoras, e as autoridades sanitarias, tanto autonómicas como centrais realizan un labor cada vez máis efectivo na detección e comunicación das mesmas, e a Rede galega potencia que esta actividade sexa realizada de xeito áxil e preciso.

Tres tipos de alerta

A alerta pode ser de tres tipo: de calidade, de seguridade, e de comercialización ilegal. Das 172 producidas durante os dez primeiros meses do presente ano, o 58 por cento son do primeiro tipo, e refírense aos defectos que se producen en relación coa calidade esixida na súa autorización como o envasado, etiquetado, distribución, ou conservación.

Un 40 por cento das alertas están encadradas na categoría de Seguridade, e inclúen as que xorden co emprego do produto e supoñen unha alteración do seu perfil de seguridade coñecido, como a aparición de efectos adversos ou descoñecidos, e que poden producir un risco. E, por último, o 2 por cento restante refírese ao da Comercialización Ilegal, produtos que non dispoñían da autorización correspondente para a súa entrada no mercado.

Control para ratificar a seguridade dos cidadáns

Os medicamentos e produtos sanitarios requiren do cumprimento dos requisitos establecidos na súa previa autorización sanitaria de comercialización e posta no mercado para prevención, diagnóstico e tratamento das doenzas. Tras esa posta no mercado as autoridades sanitarias nacionais e autonómicas con competencias na materia comproban que estes produtos cumpren as condicións de autorización, ben mediante a realización de programas de control de calidade, ben a través da obrigatoriedade da colaboración dos profesionais sanitarios, dos fabricantes, e dos distribuidores na comunicación de calquera anomalía da que teñan coñecemento.

Funcións clave

Así, esta Rede colabora na detección das situacións potenciais de risco relacionados coa calidade e a seguridade destes produtos; caracteriza e verifica as situacións de risco detectadas; acorda as medidas cautelares que sexan necesarias en coordinación cos órganos competentes; pon en coñecemento aos profesionais da situación e de calquera información relativa á mesma; e, por último, establece os mecanismos, no caso de ser necesario, para levar a cabo as medidas cautelares adoptadas e comproba-la súa efectividade.

Profesionais e entidades detectan e notifican os riscos

Forman parte da Rede Galega de Alerta sobre Riscos relacionados cos Medicamentos e Produtos Sanitarios, a Inspección Sanitaria, as Delegacións e Direccións provinciais da Consellería de Sanidade e do Sergas, as Xerencias e Direccións dos centros hospitalarios e de asistencia social, as Xerencias de Atención Primaria, os Colexios Oficias de Farmacéuticos, Médicos e de Enfermaría, e o resto dos centros, servizos e establecementos sanitarios de Galicia.

Deste xeito, aqueles profesionais sanitarios que detecten as situacións de risco relacionadas cos produtos farmacéuticos deberán comunicalo á autoridade sanitaria no máis breve prazo posible. Unha vez caracterizada a situación de alerta, o departamento de María José Rubio Vidal informa a todos os membros da Rede e a todos os centros, servizos e establecementos sanitarios nos que se elaboren, distribúan, dispensen, vendan, ou empreguen os ditos produtos.

Así, o Sergas colabora para asegurar que non existen medicamentos comercializados ilegalmente; que os medicamentos autorizados cumpran cos requisitos de calidade establecidos; e que o balance beneficio-risco no uso dos medicamentos sexa satisfactorio para os pacientes, que son a razón de ser do sistema sanitario galego.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, 2005-12-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES