O secretario xeral de Emigración, Manuel LuÃs RodrÃguez, reuniuse cun grupo de mulleres emigrantes que periodicamente manteñen encontros nos que leen e comentan literatura galega á marxe da actividade dos centros e entidades na diáspora. A entrevista responde ao interese da SecretarÃa por coñecer de primeira man as inquietudes dos colectivos emigrantes que no pasado non acadaron que a súa voz se escoitara suficientemente e que o seu rol social non adquirira o presenza que merecÃa.
AsÃ, se na anterior viaxe a Arxentina, no mes de novembro, o secretario promoveu un encontro coa mocidade,, nesta ocasión convocou a unha representación de mulleres.
Ante unha vintena de interlocutoras, que amosaron a súa preocupación pola dificultade para acceder á información, e conseguintemente coñecer os programas e as axudas que habilita o Goberno galego, Manuel LuÃs RodrÃguez sinalou que un obxectivo prioritario do seu departamento é “garantir o acceso á información a toda a colectividade que non forma parte do tecido asociativo emigrante”. Nun encontro mantido previamente con medios de comunicación galegos en Arxentina, o secretario xeral cifrou nun 75% a porcentaxe de galegos residentes no exterior que non se integran arredor dos centros e que non teñen acceso, por falta de información, ás programacións que se articulan desde a administración autonómica.
A débil estrutura das canles de información para penetrar na colectividade que non se aglutina no asociacionismo forma parte da herdanza recibida do anterior Goberno, e que o Executivo actual pretende corrixir na presente lexislatura. Nese sentido, o responsable de Emigración comprometeuse ante o colectivo de mulleres co que se entrevistou a “mellorar e ampliar a rede de información que garanta a maior difusión dos programas e axudas da Xunta”, para que dese xeito opte á participación en igualdade de condicións toda a colectividade galega.
Revisión de estatutos desfasados
O secretario xeral reivindicou para as mulleres galegas no exterior unha maior presenza social e polÃtica da desenvolta ata o de agora. “O segundo plano ao que foron relegadas no pasado”, advertiu, “ten que ser superado”. Nese sentido, subliñou que a Xunta que preside Emilio Pérez Touriño vai potenciar o papel da muller, relegada ás veces polos “estatutos antigos e desfasados” que regulan o funcionamento dalgúns centros. A muller, ao igual que as novas xeracións, “debe ter presenza activa na toma de decisións e converterse nun axente polÃtico e social”. A dÃa de hoxe a muller galega que reside o exterior carece de representatividade nas directivas dos centros que tutelan o asociacionismo emigrante.
A revisión da Lei de Galeguidade, que se impulsará no próximo ano desde a SecretarÃa, pretende servir, entre outros obxectivos, para “adaptar a lexislación á nova realidade emigrante e que o funcionamento das entidades galegos no exterior responda a pautas absolutamente democráticas que garantan a presenza social da muller e a xuventude”.
A segunda xornada do secretario xeral de Emigración en Arxentina completouse coa visita aos centros Fillos de Arantey e VilamarÃn Peroxano Mutual. O dÃa anterior estivo presente no Centro Galicia de Bos Aires, no centro de Xallas e no centro de Vedra.