Notas de prensa

Os promotores do Patrimonio Inmaterial collen novos folgos no itinerario dun soño. Reuníronse nunha cea na que coñeceron os porqués da non proclamación

Un centenar de persoas vinculadas á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués reuníronse o 2 de decembro en Tui, nunha cea na que “o espíritu que fixo nacer esta Candidatura lonxe de extinguirse colleu novos folgos”.

Na mesma púxose de manifesto que hoxe en día galegos e portugueses “somos máis conscientes de compartir un patrimonio común” sabemos algo máis deste “tesouro inmaterial”.

Previamente á Cea os promotores deron á o coñecer aos asistentes que a difícil aplicación dun Plan de Acción sobre o conxunto do patrimonio tan amplo e tan diverso que se propuña na Candidatura, e o feito de non recoller no informe remitido dende o Consello de Filosofía de Portugal, o proceso de xestación desta Candidatura a partir dos centros educativos galegos e portugueses, foron fundamentalmente os argumentos que incidiron negativamente na non proclamación. Aínda así o Patrimonio Inmaterial Galego-Protugués estivo ata última hora enriba da mesa das decisións.

Ana Zacarías, embaixadora de Portugal en Estonia e membro do xurado explicaba aos promotores, en París, que a decisión sobre a esta Candidatura foi a máis difícil de tomar e “estivo até o último momento pendente”. Ela transmitiu ao xurado o proceso modélico desta Candidatura e a riqueza do patrimonio contemplado.
O xurado expuxo na rolda de prensa posterior á proclamación de hai unha semana a valoración positiva deste proxecto “ moi meritoria, cun plan de acción ben trazado, ben documentada, pero excesivamente ampla para o que quería proclamar este ano a UNESCO”. Indicaron tamén que todo o traballo desenvolvido foi “moi importante, dun grande valor, e que ten que servir para seguir traballando de aquí en diante, tanto nas escolas coma dende as diferentes administracións”.

Ana Zacarías afirmaba que a consecución do futuro recoñecemento da UNESCO vai depender “do voso empeño” así coma da mobilización dos “esforzos das autoridades oficiais de cada un dos países, e do seu empeño, e do seu envolvemento nesta Candidatura”

Ábrese, por tanto, unha nova porta para que galegos e portugueses continuemos a traballar na defensa deste patrimonio, ainda que procedemento para as proclamacións cambiará coa próxima entrada en vigor da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. Esta nova normativa establece a existencia dunha Lista Indicativa na UNESCO na cal os Estados poderán inscribir as Obras Mestras, tanto nacionais como multinacionais.

Os promotores consideran asía que “o camiño andado pode ser un bo soporte para convencer a ambos gobernos para que o patrimonio inmaterial galego-portugués sexa inscrito no futuro nesa Lista Indicativa”, logo do indicando de xeito reiterado nos últimos días de que “é preciso continuar o traballo de investigación, protección e salvaguarda das tradicións que unen galegos e portugueses”.

Dende a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! queren por último agradecer ás Escolas Asociadas da UNESCO e a todas as persoas que durante este “ itinerario dun soño” lles acompañaron e lles axudaron “a ver a luz onde só había tebras”, un agradecemento que de xeito especial queren brindar á comunidade educativa, que deposita neste patrimonio a súa confianza.

A cea de onte rematou cunha boa representación do Patrimono Inmaterial por parte dos asistentes con cantigas tradicionais das dúas beiras do río.

Gabinete de Comunicación Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, 2005-12-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES