Ãlvaro Pino, Blanco Villar e Evaristo Portela, dispostos a traballar a prol do equipo galego de ciclismo
• O director xeral para o Deporte, Santiago DomÃnguez Olveira, reuniuse cos directores deportivos para seguir avanzando na posta en marcha deste proxecto.

Ãlvaro Pino, Suso Blanco Villar e Evaristo Portela manifestaron, trala reunión co director xeral para o Deporte, Santiago DomÃnguez Olveira, o seu apoio á creación dun equipo profesional galego de ciclismo. O máximo responsable do deporte en Galiza convocou aos directores para informarlles sobre os pasos dados ata o momento e solicitar o seu asesoramento técnico para a creación do equipo.
AsÃ, ao remate da reunión que durou preto dunha hora, todos os participantes manifestaron a súa satisfacción polo contido da mesma. En primeiro lugar, Ãlvaro Pino, recordou que “eu presentei un proxecto para crear un equipo galego no ano 91, hai case quince anos, e agora é a Xunta quen propón o tema. A min paréceme unha importante iniciativa do Goberno galego e é unha motivación extra para todos”. Pino xa falou cos ciclistas profesionais que se reuniron o pasado martes con Santiago DomÃnguez e quixo deixar moi claro que “independentemente do que pase a posteriori, imos traballar a prol da posta en marcha do equipo galego”.
Pola súa parte, Suso Blanco Villar insistiu na necesidade de contar co apoio das empresas, sen o cal non é posible sacar adiante o proxecto, pero destacou que para o ciclismo galego é un soño porque “ata agora sempre tivemos que defender cores de equipos de fóra, por iso temos que apoiar todos e sentilo como algo noso”.
Evaristo Portela, actualmente director deportivo do Froiz, comezou agradecendo á Xunta de Galicia e ao director xeral para o Deporte polo inicio destes primeiros pasos de cara a crear un equipo galego de ciclismo e anunciou que “ninguén vai quedar descolgado. É un proxecto para a base, para as escolas de ciclismo, os clubs... Estamos superilusionados e, esteamos no futuro ou non, imos apoiar a Santiago DomÃnguez a morte. Todo o ciclismo galego Ãmonos volcar neste proxecto que no vai ser de ricos nin de pobres, senón digno”.
E xa por último, o rexedor galego agradeceu a presenza dos técnicos asà coma o seu asesoramento, e volveu a insistir en que “é un proxecto de todos, temos o apoio dos ciclistas, dos directores, da afección, do ciclismo de base... Agora imos tentar convencer as empresas de que vale a pena apoiar ao ciclismo, que é un deporte no seu estado máis puro”.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2005-12-02
Actualidad

A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico GarcÃa Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artÃsticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa asà co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artÃstico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.

A figura e o legado de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).
Notas
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de PolÃmeros do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.