Notas de prensa

López Veiga presidiu a entrega do buque Irmáns García Nodal ó Servizo de Gardacostas de Galicia

A Consellería de Pesca investiu 6,3 millóns de euros nesta embarcación destinada a labores de loita contra a contaminación mariña.

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, presidiu no porto de Marín o acto de entrega do buque “Irmáns García Nodal” ó Servizo de Gardacostas de Galicia. O navío constitúe un salto cualitativo nos medios que dispón a Comunidade galega para a loita contra a contaminación e para o salvamento marítimo e que se completan co buque “Sebastián de Ocampo”, entregado o
pasado mes de maio,e os novos helicópteros Sikorsky S-76 C+ “Pesca I” e “Pesca II”.

O departamento de Pesca da Xunta investiu 6,3 millóns de euros na construcción do barco de apoio “Irmáns García Nodal”, que xa fora botado o pasado 19 de maio do 2005 nunha xornada encabezada polo presidente en funcións do goberno galego, Manuel Fraga.

López Veiga estivo acompañado neste acto polo subdirector xeral do Servizo de Gardacostas, Manuel Chan; polos membros do equipo directivo da Consellería de Pesca; e por Dolores Bermúdez, presidenta da “Asociación de Profesionais do Marisqueo a Pé de Galicia” (AREAL), madriña do barco. Todos eles participaron nunha breve singradura pola Ría de Pontevedra na que puideron coñecer de primeira man tódolos parámetros técnicos e prestacións deste buque, entre os que destacan un sistema de búsqueda nocturna por infravermellos, moi útil en caso de naufraxios e accidentes de contaminación.

PRESTACIÓNS DO “IRMÁNS GARCÍA NODAL”.-

As características técnicas desta nova embarcación do Servizo de
Gardacostas superan as prestacións do “Serra de Santiago”, buque ó que
substitúe. Esta nova nave, ao igual que o remolcador “Sebastián de Ocampo”,
forman xa parte dos equipos propios do goberno autonómico.

O “Irmáns García Nodal” dispón dun equipamento moderno e mellora os
servizos do anterior buque.

O buque de apoio foi construído pola Factoría Naval de Marín,
adxudicataria dun concurso público. A embarcación ten dúas cubertas
completas e casco de aceiro tipo pesqueiro, especialmente deseñado para
ter un comportamento óptimo en calquera condición de mar.

O “Irmáns García Nodal” é un barco polivalente, xa que pode desempeñar
gran cantidade de funcións. Entre elas destacan operacións de salvamento
marítimo, de loita contra a contaminación, labores de investigación
científica, vixilancia e control da pesca, abastecemento de materiais á
flota pesqueira, loita contra incendios, remolque de embarcacións e de
obxectos flotantes que poidan supoñer un risco para a navegación.

A tripulación estable estará formada por nove persoas. Existen catro
plazas máis para posibles náufragos e a opción de aumentar a tripulación en
dez persoas, en función do tipo de misión a desempeñar.

MEDIOS INNOVADORES DE SALVAMENTO E ANTICONTAMINACIÓN.-

No referido ós medios de salvamento, destaca a incorporación do sistema
FLIR de busca de náufragos por infravermellos. Este sistema permite obter,
na escuridade, imaxes de náufragos e tamén manchas de contaminación no mar,
polo que resultará eficaz nos naufraxios e accidentes de contaminación. O
“Irmáns García Nodal” e o “Sebastián de Ocampo” son os primeiros buques de
salvamento que incorporan esta tecnoloxía de infravermellos en España.

Ademais, este buque posúe dúas embarcacións rápidas de salvamento
dotadas con equipamento de navegación (radar, GPS e equipo de
comunicacións) que poden alcanzar unha velocidade de 35 nós e operar en mar
grosa.

Entre os medios destinados á loita contra a contaminación que incorpora
o “Irmáns García Nodal” están: 300 metros de barreira de porto, laboratorio
para análise de mostras que permitirá campañas puntuais de avaliación
científica, seis tanques flotantes, un skimmer cunha capacidade 40
toneladas á hora e outro de 60 toneladas á hora.

O equipamento complétase con traxes de bombeiros, equipos de respiración
autónoma, máscaras anti-gas, bombas eléctricas de achique, mangueiras,
exectores de achique, productores de espuma de alta, media e baixa presión,
equipamento térmico portátil de detección de persoas, equipos de mergullo,
equipamento de TV submarina, cámaras de toma de películas sumerxible,
equipos de rompemento de rochas e equipos de soldadura e corte submarino.

Tra-la entrega do buque “Irmáns García Nodal” ó Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia, o barco comeza agora un período de probas técnicas e de adaptación da tripulación para que poida estar operativo a principios do vindeiro mes de setembro.

Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2005-07-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES