Notas de prensa

López Veiga presenta en Bruxelas o Libro Branco de Política Marítima de Galicia

O conselleiro de Pesca amosouse convencido de que o proxecto galego será un referente para Europa na elaboración do futuro Libro Verde.

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, presentou esta tarde en Bruxelas o Libro Branco Básico de Política Marítima de Galicia no encontro “O Mar, o noso futuro: A perspectiva rexional cara unha Política Marítima Europea Integrada”, organizado polo Comité das Rexións da Unión Europea.

A xuntanza, contou coa participación do comisario de Pesca da UE, Joe Borg; o ministro de Finanzas, Planificación e Coordinación de Políticas Marítimas de Toscana; Marco Montemagni, así como varios membros pertencentes ó Comité das Rexións.

Europa recoñece a labor de Pesca na elaboración do “Plan Galicia do Mar”.-

O Libro Branco presentado hoxe foi recibido con gran expectación na capital europea. Bruxelas recoñeceu a labor da Xunta na elaboración do “Plan Galicia do Mar” e o conselleiro amosouse convencido de que “o proxecto galego se tomará como modelo de referencia na elaboración do futuro Libro Verde da Política Marítima Europea”. López Veiga salientou a eficacia da metadoloxía empregada no proceso de creación do Libro Branco,
que contou cunha ampla participacion de tódolos axentes sociais, entre os que figuraron 170 representantes profesionais do sector e 118 expertos, técnicos e científicos; ademais dos cidadáns que fixeron as súas aportacións a través da páxina web www.ailusióndomar.com.

No transcurso da súa ponencia, o titular de Pesca da Xunta presentou as dez accións principais que constitúen o Libro Branco, coas que se pretende satisfacer as necesidades máis inmediatas do sector e construir a mellor política marítima para Galicia. Neste decálogo, destacan entroutras iniciativas, a creación dun ente único que xestione tódolos portos que agora son de responsabilidade estatal e o lanzamento dunha marca de
calidade que distinga os productos galegos do mar.

“España terá que facer fronte ós compromisos con Canadá”.-

Na rolda de prensa previa ó encontro, López Veiga foi preguntado polos medios de comunicación sobre as novas medidas que podería impor Canadá na recuperación do caladoiro do fletán en augas reguladas pola NAFO. Neste sentido, o conselleiro salientou que “España deberá facer fronte ós compromisos con este país”; ó tempo que engadiu que “non podemos queixarnos de que Canadá fale de cerrar caladoiros se o Goberno de España non cumple as directivas comunitarias”. A este respecto, aconsellou ó Ministerio de Agricultura e Pesca “tomarse máis en serio as inspeccións”.

Por outra banda, en referencia ás negociacións entre a Comisión Europea e Marrocos, o responsable de Pesca da Xunta asegurou que “as expectativas para a flota galega no son boas”. O conselleiro fixo estas declaracións tras coñecer os detalles da comparecencia dun membro da Comisión de Pesca no Parlamento Europeo, na que se argumentou que o acordo con este país
debería estar fundamentado nun exe artesanal e peláxico industrial. Segundo López Veiga, “esto está orientado fundamentalmente ós intereses de Holanda e non ós de España”.

Así mesmo considerou “desproporcionada” a intención da UE de financiar a renovación da flota artesanal de Marrocos e calificou como “carente de sentido” a proposta feita polo Ministerio de Pesca de reubicar en Marrocos parte da flota que faena en augas da NAFO.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2005-07-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-hotel-cama.jpg) A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turísticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5 % en demanda turística e do 7,5 % en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1 % e no 3,3 %, respectivamente. Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5 M€, un 4,3 % máis que nos seis primeiros meses de 2024.
Foto de la tercera plana (lavuelta-2025.jpg) Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O día 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o día 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O día 10 de setembro, ‘La Vuelta’ despídese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.

Notas

O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteína p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, podería ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuír a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehículo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehículo de transferencia orbital desenvolvido en España.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES