Notas de prensa

Manuel Fraga destaca a solidariedade e a cohesión económica e territorial como os principios básicos para o acordo no proceso de construcción europea

- O titular da Xunta reuniuse coa Delegación da Comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento Europeo - Expresa a “firme convicción” da superación da crise que atravesa a UE tras o rexeitamento en “sendas consultas populares” do Tratado Constitucional europeo, posto que a Unión é “garantía” de “paz” e “estabilidade” - Destaca a calidade dos galegos como “europeístas leais” e a constatación dunha “utilización óptima dos fondos europeos” en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia recibiu á Delegación da Comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento Europeo, á que lle deu a benvida desexando que a visita “amosase o esforzo realizado polos galegos para acadar maiores cotas de desenvolvemento e progreso”. à xuntanza tamén asistiron o conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Antón Orza, e o secretario xeral para as Relacións coa UE e Acción Exterior, Jesús Gamallo.

O mandatario galego afirmou ter “a firme convicción” de que o rexeitamento do Tratado constitucional europeo en “sendas consultas populares” e o “fracaso do Consello Europeo”, celebrado en xuño, serán superados pola Unión Europea. Para iso “a solidariedade e a cohesión económica e territorial han de ser”, sinalou, “as columnas do acordo final, en consonancia cos principios que inspiran á Unión”. Manuel Fraga apostou pola continuidade de Europa como conxunto porque, lonxe de ser só “un mercado e uns acordos económicos”, é tamén “garantía” de “paz” e “estabilidade”; e referiuse tamén, á superación, no pasado, de moitas crises europeas que remataron co achegamento das “a miúdo, antagónicas posicións dos diferentes Estados membros”.

PERSPECTIVAS FINANCEIRAS PARA O PERÃODO 2007-2013

O titular do Goberno galego destacou a condición dos galegos como “europeístas leais”, que é a que “impulsa a defender que Europa precisa contar con máis recursos comúns para desenvolver as políticas que esixen os cidadáns, e para afrontar con éxito os retos da globalización”. De aí a necesidade do consenso nas Persepectivas Financieiras para o período 2007-2013, xa que das mesmas dependerá que “a Unión dispoña de medios financeiros para cumprir dunha maneira axeitada as súas políticas”.

En concreto, Manuel Fraga sinalou e apoiou o “loable obxectivo europeo” que convirte aos novos membros da Unión nos “principais beneficiarios da política rexional”. Sen embargo, precisou a necesidade de dispoñer dunha “axeitada financiación” que asegure tamén a continuación do apoio prestado “ás rexións dos antigos quince Estados membros que se benefician na actualidade das axudas europeas”.

OS FONDOS EUROPEOS EN GALICIA

Manuel Fraga recordou ante a Delegación da Comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento Europeo que “Galicia cumpriu escrupulosamente as súas obligacións”. Así, fixo referencia aos informes da Comisión Europea que constatan que “tanto o Goberno da Xunta como a sociedade civil galega, acreditaron unha utilización óptima dos fondos europeos”. Como exemplo desta realidade, o titular da Xunta citou a visita levada a cabo polos integrantes da Delegación á planta de tratamento de residuos de SOGAMA e a cooperación existente entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal, rexión transfronteiriza que contribúe “á consolidación do entramado territorial e social europeo”.

O mandatario galego rematou a súa intervención coa promesa de continuar a traballar “como viñen facendo durante todo o meu mandato como presidente da Xunta de Galicia, para edificar unha Europa máis europea, é dicir, máis integrada, cohesionada e solidaria”.

Gerardo Galeote, presidente da Comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento Europeo, coincidiu con Manuel Fraga en remarcar a importancia da cohesión no proceso de construción da UE, destacando que a Comisión sempre a considerou un “piar consubstancial” dese proceso. Ademais, quixo agradecer a posibilidade de se reunir co titular do Executivo galego, sinalando que as diferentes xuntanzas mantidas pola Comisión na súa visita de dous días a Galicia resultaron “moi fructíferas”. Galeote aproveitou a ocasión para expresar “o máis profundo” dos seus recoñecementos á traxectoria política de Manuel Fraga, á súa dedicación a Galicia e ao seu papel na integración da Unión Europea.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2005-07-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (romaxe-viquinga-vicedo.jpg) O pregón da romaxe terá lugar no exterior da Casa da Cultura do Vicedo ás 20.30 horas do venres, e correrá a cargo do actor e guía turístico Suso Martínez. A actividade continuará nas rúas da localidade con música, combates e exhibicións a cargo das asociacións de recreación histórica Cabaleiros Rías Altas, Hípica Celta, Gandalf e Caballeros Bergidum Templi. O escenario do sábado será a praia de Area Grande de San Román, que acolle os campamentos viquingo e cristián e as numerosas actividades que se sucederán ao longo da xornada, como obradoiros, pintacaras, xogos tradicionais, clase de runas, talleres de coiro, contacontos ou un concurso para premiar as mellores caracterizacións.
Foto de la tercera plana (lavuelta-2025.jpg) Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O día 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o día 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O día 10 de setembro, ‘La Vuelta’ despídese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.

Notas

Presentado como 'o evento de emprendemento máis importante do noroeste peninsular', Pont-Up Store fai pública a relación das iniciativas empresariais seleccionadas para a súa décimo segunda edición, que terá lugar o 19 e 20 de setembro. Promovido pola UVigo e organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, este encontro permitirá coñecer 40 'emprendementos disruptivos'.
Nun escenario enerxético onde a incorporación de fontes renovables medra con rapidez, asegurar unha subministración eléctrica constante e estable converteuse nun reto prioritario. Tecnoloxías como a solar ou a eólica, aínda que limpas, son intermitentes, polo que o almacenamento enerxético perfílase como clave para xestionar a demanda, evitar desequilibrios na rede e apoiar situacións críticas.º
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES