Acto da Mesa pola Normalización Lingüística nos xulgados de Ferrol
A Mesa pola Normalización Lingüística vai celebrar o enres 15 de xullo ás 12 horas un acto de protesto no Pazo de Xustiza de Ferrol.
Neste acto denunciarase a situación esperpéntica padecida por unha parella ferrolá, á cal unha xuíza se negou a casar en galego, de forma que tiveron que facer uso dun improvisado intérprete para poder realizar a voda na súa lingua.
No acto do venres, unha parella de coñecidos actores representarán unha frustrada voda por non poderen utilizar o noso idioma. Posteriormente, farase entrega de escritos dirixidos á Xunta de Xuíces, reclamando solucións.
Nestes momentos, a Administración de Xustiza está moi por debaixo dos mínimos de cooficialidade. De feito, non é a primeira vez que unha parella se encontra con atrancos como este polo simple feito de querer casar na lingua propia de Galiza.
A Mesa recorda que esta situación se produce pola pervivencia de
normas inxustas que están en proceso de reforma nestes momentos no Congreso dos Deputados. A organización en defensa da lingua solicita que se actúe coa máxima dilixencia na reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial para que os xuíces e as xuízas non poidan continuar a
realizar obxección de consciencia cara ao galego.
Neste sentido, o Presidente da Mesa, Carlos Callón, considera un
auténtico disparate e predemocrático que os xuíces e as xuízas non teñan obriga de coñecer a lingua do territorio dos seus xusticiábeis. De calquera xeito, matizou que situacións como as padecidas en Ferrol terían doada solución cun mínimo de vontade por parte do xuíz ou da xuíza en cuestión, posto que o casamento é un acto protocolario e fixado: Neste caso non se trata de realizar un xuízo en galego, senón de ler un simple e breve formulario. Negar ese dereito e pór un intérprete significa un desprezo cara á nosa lingua.
A Mesa pola Normalización Lingüística, 2005-07-13
Actualidad

O pregón da romaxe terá lugar no exterior da Casa da Cultura do Vicedo ás 20.30 horas do venres, e correrá a cargo do actor e guía turístico Suso Martínez. A actividade continuará nas rúas da localidade con música, combates e exhibicións a cargo das asociacións de recreación histórica Cabaleiros Rías Altas, Hípica Celta, Gandalf e Caballeros Bergidum Templi. O escenario do sábado será a praia de Area Grande de San Román, que acolle os campamentos viquingo e cristián e as numerosas actividades que se sucederán ao longo da xornada, como obradoiros, pintacaras, xogos tradicionais, clase de runas, talleres de coiro, contacontos ou un concurso para premiar as mellores caracterizacións.

Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O día 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o día 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O día 10 de setembro, La Vuelta despídese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.
Notas
Presentado como 'o evento de emprendemento máis importante do noroeste peninsular', Pont-Up Store fai pública a relación das iniciativas empresariais seleccionadas para a súa décimo segunda edición, que terá lugar o 19 e 20 de setembro. Promovido pola UVigo e organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, este encontro permitirá coñecer 40 'emprendementos disruptivos'.
Nun escenario enerxético onde a incorporación de fontes renovables medra con rapidez, asegurar unha subministración eléctrica constante e estable converteuse nun reto prioritario. Tecnoloxías como a solar ou a eólica, aínda que limpas, son intermitentes, polo que o almacenamento enerxético perfílase como clave para xestionar a demanda, evitar desequilibrios na rede e apoiar situacións críticas.º