Notas de prensa

Manuel Fraga subliña o fervente amor a Galicia manifestado polos galardoados coa Medalla Castelao

- Presidiu en San Caetano a entrega das medallas - María José Cimadevila; Luís González Tosar; Manuel Jove; Xosé Luís Outeiriño Rodríguez; Milagros Rey Hombre; Natasha Vázquez, Rigoberto Senarega e Ernesto Daranas; e Darío Villanueva resultaron distinguidos con este recoñecemento do Goberno galego - “As personalidades que hoxe honramos coa Medalla Castelao son persoas de ideas e pensamento, pero tamén de execución e de acción que loitan polo engrandecemento da nosa terra, sen medo ao fracaso”, sinalou o presidente da Xunta facendo súas verbas do propio Castelao

“Galicia necesita de persoas que sexan quen de concibir ideas encamiñadas a producir a felicidade do seu pobo e a salvación da súa patria”. Deste xeito comezou o presidente da Xunta, Manuel Fraga, o seu discurso de felicitación aos premiados coa Medalla Castelao 2005, que cada 28 de xuño entrega o Goberno galego para conmemorar o retorno definitivo dos restos do escritor de Rianxo a Galicia. Precisamente, durante a intervención de Manuel Fraga, que presidiu a entrega dos galardóns en San Caetano, abundaron referencias literarias extraídas de textos do propio Castelao. Neste sentido, sinalou que as personalidades recoñecidas hoxe “son persoas de ideas e pensamento, pero tamén de execución e de acción que loitan polo engrandecemento da nosa terra, sen medo ao fracaso”, facendo súas verbas do autor que dá nome aos premios. Así mesmo, puxo de manifesto o “fervente amor” a Galicia manifestado polos galardoados e eloxiou a súa entrega a prol do pobo, da cultura e da terra galega.

O Goberno galego entregou sete Medallas Castelao, unha delas compartida. Os distinguidos son María José Cimadevila; Luis González Tosar; Manuel Jove Capellán; Xosé Luís Outeiriño Rodríguez; Milagros Rey Hombre; Natasha Vázquez Ruiz, Rigoberto Senarega Madruga e Ernesto Daranas Serrano; e Darío Villanueva Prieto. Para cada un deles, o mandatario galego, Manuel Fraga, tivo palabras de eloxio destacando os méritos que lles fan merecedores do galardón.

MARÃA JOSÉ CIMADEVILA, EXEMPLO DE RIGOR E LEALDADE

Da que fora conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais do Goberno galego entre xaneiro de 2003 e setembro de 2004, María José Cimadevila Cea, finada recentemente, o presidente da Xunta destacou o “rigor”, a “responsabilidade”, e a “lealdade” no cumprimento das súas obrigas en todos os postos administrativos que desempeñou. “Trazou pautas para mellor servir a Galicia no eido da Xustiza Social”, indicou o presidente da Xunta, ao mesmo tempo que lamentou que o seu prematuro falecemento lle impedise recibir persoalmente a Medalla.

Luís González Tosar é un de tantos galegos nacidos en Buenos Aires e renacidos posteriormente en Galicia. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, González Tosar destaca pola súa produción poética que o fixo acredor de numerosos e prestixiosos premios literarios como o Esquío; o Lousada; o Camba; ou o Figueirido, entre outros. Ademais da súa actividade literaria, González Tosar é profesor e preside o Pen Club de Escritores de Galicia, que el mesmo fundou.

O presidente de Fadesa, Manuel Jove Capellán, achega solucións ao problema da vivenda en Galicia de forma directa e indirecta, segundo destacou o titular do Executivo galego. A empresa inmobiliaria que preside expandiuse por varios países europeos e do norte de Ãfrica e dá traballo a 1.400 profesionais. Este empresario, cualificado por Manuel Fraga como “exemplar”, recibe a Medalla Castelao 2005 logo de ser distinguido con diferentes premios en varios foros empresariais e académicos.

MANTER OS SINAIS DE IDENTIDADE

Se hai unha publicación que axuda a conservar “os sinais de identidade” dos galegos da diáspora esa é sen dúbida La Región Internacional, que chega a 300.000 lectores de Europa e América. Por este motivo, o seu editor, Xosé Luís Outeiriño Rodríguez recibe agora a Medalla Castelao. Contribúe, promovendo esta publicación, a fortalecer a autoestima dos galegos espallados polo mundo adiante. En 1996, La Región Internacional fóra distinguida cun Premio Galicia de Comunicación.

Milagros Rey Hombre foi a primeira muller que exerceu a arquitectura en Galicia e unha das primeiras no conxunto de España. Tal e como destacou o presidente da Xunta, “dedicou toda a súa vida profesional, corenta e cinco anos, a enriquecer a paisaxe urbana”, especialmente a herculina. Seus son proxectos tan apreciados como a Fonte de Catro Camiños; o Polígono de Elviña e Zalaeta; e o rañaceos Torre Dourada, en Juan Flórez; obras todas elas localizadas na cidade da Coruña.

Os cineastas cubanos Natasha Vázquez; Rigoberto Senarega e Ernesto Daranas reciben conxuntamente a Medalla Castelao polo seu labor creativo realizado na produtora audiovisual As Vídeo. En moitos dos seus documentais abordan aspectos relacionados coa emigración galega en Cuba, razón pola que o Goberno galego decidiu distinguilos con este recoñecemento. Un dos seus proxectos audiovisuais máis sobranceiros leva por título Los últimos gaiteiros de La Habana e acadou diferentes premios tanto en España como en países iberoamericanos.

DARÃO VILLANUEVA, AFÃN POR PROMOVER A CULTURA GALEGA

Entre 1994 e 2002, Darío Villanueva foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicados 22 libros e 300 artigos de crítica literaria en diferentes idiomas e destaca por facer presente a cultura galega e española en Europa e América. O presidente da Xunta destacou, ao referirse ao que chamou agarimosamente o seu paisano, o seu laudable esforzo por sacar partido “á proxección natural que Galicia ten máis aló dos seus límites xeográficos”. Posúe diferentes doutorados honoris causa en diversas universidades europeas e americanas e é catedrático de Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, é patrón de diferentes fundacións como a Camilo José Cela ou a Gonzalo Torrente Ballester.

Para Manuel Fraga, as Medallas Castelao demostran cada ano que en Galicia abundan as persoas destacadas para atender ás diferentes profesións e servizos. Os galardoados nesta edición non son unha excepción. “Sentímonos orgullosos das vosas empresas e animámosvos a inserilas no proceso de globalización”, indicou Manuel Fraga, sinalando que “Galicia non pode quedar ao marxe” deste proceso.

Por último, o presidente da Xunta leu versos de González Tosar, un dos premiados. O poema Invocación, ao que se referiu o presidente da Xunta, prenuncia unha Galicia que se vai facer realidade co esforzo de todos os galegos e galegas ao longo do novo milenio que comeza.

PALABRAS DE FELICITACIÓN AOS GALARDOADOS O ANO 2005 COA MEDALLA CASTELAO, POR PARTE DO PRESIDENTE DA XUNTA

-“Galicia necesita de persoas que sexan quen de concibir ideas encamiñadas a producir a felicidade do seu pobo e a salvación da súa patria; de persoas que sexan quen de comunicar esas ideas, contaxiando a súa verdadeira fe nos ideais que predican; e que sexan quen, en fin, de buscar a realización ou o trunfo das mesmas cando se poida, e como se poida. Iso soñaba Castelao no limiar de Sempre en Galiza”.

-“As personalidades que honramos hoxe coa Medalla Castelao son persoas de ideas e pensamento, pero tamén de execución e de acción que loitan polo engrandecemento da nosa terra, sen medo ao fracaso. Xa conseguiron nos seus diversos eidos profesionais resultados obxectivos polos que lles debemos inspiración. Xa teñen demostrado unha inmensa fe no pasado de Galicia, unha rexa esperanza no futuro de Galicia, e un fervente amor á Galicia presente. Xa manifestaron unha admirable entrega persoal a prol do pobo, da cultura, e da terra galega”.

-“Velaquí algúns dos méritos concorrentes nas persoas que acaban de recibir a condecoración do ano 2005. Eses méritos, que xustifican a concesión, deben ser proclamados porque estimulan a imitación”.

-“Dona María José Cimadevila Cea foi licenciada en Dereito, diplomada en Relacións Laborais e funcionario do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia. [...] En todos os postos administrativos desempeñados na Xunta se ten distinguido polo rigor, a responsabilidade e a lealdade no cumprimento das súas obrigas. E nos cargos políticos levou a cabo unha xestión destacada, especialmente como conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais”.

-“Don Luis González Tosar é un galego nacido no barrio de Palermo Viejo, de Buenos Aires [...] É grande poeta lírico[...] laureado co Esquío, o Lousada, o Camba, o Figueirido e outros diversos premios[...] Fundou e preside agora o Pen Club de Escritores de Galicia”.

-“Don Manuel Jove Capellán é un empresario da construción inmobiliaria que ten contribuído a resolver o problema da vivenda en Galicia de forma directa e indirecta[...] Está a solucionar os problemas da vivenda en Galicia e fóra dela coa empresa Fadesa, por el fundada. En 25 anos, Fadesa tense expandido desde Galicia por España, Portugal, Marrocos, Hungría e Polonia, e dálles ocupación a 1.400 profesionais”.

-“Don Xosé Luís Outeiriño Rodríguez fíxose acredor ao noso recoñecemento como editor do semanario La Región Internacional. [...] Consta cun índice de recepción próximo aos 300.000 lectores.[...] O máis importante é que este medio masivo de comunicación desempeña moi ben a función de manter os sinais de identidade como galegos e como españois dos nosos emigrantes por todo o mundo. E deste xeito fortalece a súa autoestima, ao mesmo tempo que estimula o respecto cara a eles dos nacionais dos países de acollida”.

-“A doutora arquitecta Milagros Rey Hombre é unha muller pioneira na súa profesión, pois foi a primeira arquitecta de Galicia e a cuarta de España. Dedicou toda a súa vida profesional, 45 anos, a enriquecer a paisaxe urbana herculina”.

-“Dona Natasha Vázquez Ruíz, don Rigoberto Senarega Madruga, e don Ernesto Daranas Serrano son tres cineastas cubanos de ascendencia galega. Reciben conxuntamente a Medalla Castelao polo labor creativo realizado na produtora audiovisual As Vídeo, por eles mesmos organizada, vencendo non poucas dificultades. Máis en particular, esta distinción quere premiar a serie de documentais desenvolvidos por eles sobre aspectos relacionados coa emigración galega a Cuba”.

-“O meu paisano don Darío Villanueva Prieto é licenciado en Filoloxía Románica e doutor en Filoloxía Hispánica. Tamén é catedrático de Literatura Comparada na Universidade de Santiago, da que foi reitor magnífico desde 1994 a 2002. [...] Ten publicados 22 libros e 300 artigos de crítica literaria en galego, castelán, inglés, francés, portugués, ruso e árabe. O seu empeño por facer presente a cultura galega e española en Europa e América é realmente admirable. Nel encárnase o laudable esforzo por sacar partido ao que el mesmo chamou a proxección natural que Galicia ten máis aló dos seus límites xeográficos”.

-“As Medallas Castelao demostran cada ano que en Galicia abundan as persoas destacadas para atender a case que todas as profesións e servizos. [...] Sentímonos orgullosos das vosas empresas, e animámosvos a inserilas no proceso de globalización. Galicia non pode quedar á marxe del, posto que entón se privaría das vantaxes que comporta, pero sufriría os inconvenientes que tamén carreta”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2005-06-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260331-01.jpg) A implantación da recollida separada de materia orgánica consolídase como o piar fundamental para que Galicia cumpra cos obxectivos ambientais europeos. Dado que os restos orgánicos representan case o 40 % do lixo doméstico, a súa correcta xestión é a chave para baleirar os vertedoiros e xerar compost de alta calidade que retorne á terra como fertilizante. A día de hoxe, o compromiso galego con este sistema é evidente: 295 concellos xa contan con métodos específicos para os biorresiduos.
Foto de la tercera plana (portico-paraiso.jpg) A programación musical abrirase o venres 8 de maio na ourensá Igrexa de Santiago das Caldas co concerto inaugural de Vandalia, cuarteto vocal sevillano especializado no repertorio renacentista e barroco español. Fundado en 2012, o grupo desenvolveu unha ampla traxectoria en España e no estranxeiro e foi recoñecido tanto pola súa discografía como polo seu labor de recuperación do patrimonio musical, con distincións como o Premio XEMA da Prensa ao mellor grupo español de música antiga. O domingo 10, o festival trasladarase ao Pazo de Vilamarín da man da soprano valenciana Mariví Blasco e do intérprete de guitarra barroca Ãlex Pernas. Especializada en música antiga, Blasco colaborou con formacións de referencia como Europa Galante, LÂ’Arpeggiata ou Accademia del Piacere.

Notas

Lori Meyers é unha das bandas máis recoñecidas do indie pop estatal, que regresa a Vigo tras oito anos sen actuar en grandes formatos na cidade. Coti achegará ao Galicia Fest algúns dos seus temas máis coñecidos, convertidos xa en auténticos himnos xeracionais. O artista suramericano chegará a Vigo tras completar unha xira por arxentina
Con motivo do aniversario da colocación dos dinteis do Pórtico da Gloria, que se realizou o 1 de abril de 1188, o proxecto KosmoTech_1200 da USC e o CISPAC, desenvolvido en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago, presenta a restauración dixital dunha das figuras máis célebres e enigmáticas da Historia del Arte: o retrato do Mestre Mateo, coñecido popularmente como 'o santo dos croques' polo ritual de golpear a súa cabeza para absorber simbolicamente a súa sabedoría.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES