Notas de prensa

A Comisión sobre o Prestige debe investigar o conxunto da catástrofe

Dende ADEGA, entendemos que a Comisión que se creará no Parlamento Europeo sobre o Prestige debe servir para tirar leccións sobre a totalidade das actuacións que deron lugar á unha das maiores catástrofes da historia da navegación.

Por iso rexeitamos a posición do Partido Popular que pretende que a Comisión se centre unicamente na seguridade marítima, sendo este, só unha das múltiples cuestións que deron lugar a un dos maiores episodios de contaminación marítima da historia.
Está en xogo, non só coñecer aspectos de seguridade marítima para poder mellorar a lexislación e acelerar a aplicación de determinadas directivas (Erika I e Erika II), senón tamén entender qué mecanismos fallaron, qué decisións foron pouco oportunas, qué medios materiais e humáns debería haber e qué consecuencias, a curto, medio e longo prazo vai a traer para o medio ambiente, a saúde e a economía, fóra da propaganda gobernamental actual que sostén que todo está xa esplendoroso cando se coñece cientificamente que as consecuencias dunha marea negra duran anos. Esto permitirá desenvolver protocolos de tomas de decisión, actuación e despregue de medios.
De confirmarse e executarse as intencións do Partido Popular, só cabe sacar unha conclusión que condena ao propio Goberno: o Partido Popular non está seguro das actuacións que levaron a cabo, ten medo e quere impedir que as súas decisións sexan publicamente coñecidas. Esto é un recoñecemento explícito da súa responsabilidade na catástrofe, polo que os responsábeis, máis de 10 meses despois deberan dimitir, para permitir ao seu partido abrir ás portas ao coñecemento e a transparencia, co único fin de que incidentes deste tipo non se volvan a reproducir en ningún punto da Unión Europea, o que repercutirá positivamente no medio ambiente, na saúde e na economía europeas.
Non aprender dos erros cometidos é unha mostra de falla de intelixencia.

Adega, 2003-09-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES