A Mesa pola Normalización LingüÃstica celebra una asamblea en Carballo
Mañá, xoves 25 de Setembro, a Mesa pola Normalización LingüÃstica realizará unha asemblea de sócias e sócios da comarca de Bergantiños.
Esta reunión desenvolverá-se ás 21 h na Casa da Xuventude de Carballo e contará coa presenza do Presidente desta asociación, Carlos Manuel Callón.
Nesta reunión falará-se dos proxectos e campañas que esta asociación vai realizar durante os próximos meses, tanto a nÃvel nacional como na comarca. Entre as accións a nÃvel nacional, A Mesa vai vixiar rigorosamente neste curso o cumprimento do decreto que regula os mÃnimos do galego no ensino, ademais de continuar coas suas campañas de promoción de dobraxe de filmes ao galego.
Xa concretamente para a comarca de Bergantiños, preparan-se diversas actividades que van desde o fomento da etiquetaxe en galego até a difusión entre a cidadania da posibilidade de galeguizar o nome ou restaurar os apelidos.
Esta asemblea en Bergantiños fai parte dunha campaña de fortalecimento organizativo desta asociación en defensa da lÃngua. Xunto con estas asembleas de zona en todo o paÃs, A Mesa está a realizar unha campaña de afiliación baixo o lema Entra. Necesitamos unha Mesa forte. Desde A Mesa pola Normalización LingüÃstica pretende-se facer un chamamento a toda a cidadania para que se implique activamente na recuperación e extensión social do idioma galego, e por iso convida a todos os viciños ou viciñas sensibilizadas coa lÃngua galega para que acudan a esta reunión.
A Mesa foi fundada en 1986 e conta cun total de 3.000 sócias e sócios en toda Galiza. Nestes momentos, aspira a converter-se no motor da normalización do galego, mais para iso considera que lle continuan a facer falta ainda máis apoios.
Mesa pola Normalización LingüÃstica, 2003-09-24
Actualidad

A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico GarcÃa Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artÃsticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa asà co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artÃstico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.

A figura e o legado de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).
Notas
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de PolÃmeros do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.