Notas de prensa

O Colectivo Nemo organiza-lo seu XVII Ciclo de Fantasía e Ciencia-Ficción

Este ciclo enmárcase dentro da Tertulia Viguesa do xénero fantástico, que celébrase tódolos xoves a partir das 21:30 h. no Café UF de Vigo.

O Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción organiza o XVII Ciclo de Fantasía e Ciencia-Ficción Especial Zombis. A programación do ciclo é a que segue:
-2 de outubro: Yo anduve con un zombi (I walked with a zombie). 1.943, b/n, dir. Jacques Torneur.
-16 de outubro: La noche de los muertos vivientes (Night of the living dead). 1.968, b/n, dir. George A. Romero.
-6 de novembro: No profanar el sueño de los muertos (Non si deve profanare il sonno dei morti). 1.974, cor, dir. Jorge Grau.
-20 de novembro: Braindead (Braindead). 1.992, cor, dir. Peter Jackson.
O Colectivo Nemo en Internet: www.navegalia.com/personal/colectivonemo.

Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción, 2003-09-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES