Entra de novo chapapote no Parque Nacional das Illas Atlánticas
Membros da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) comprobaron hoxe como está a entrar fuel en praias e áreas tranquilas da Illa de Ons, no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O chapapote ten maioritariamente o tamaño dunha moeda grande.
Xusto dez meses despois do afundimento do buque seguimos a comprobar como o primeiro impacto do verquido aÃnda non está finalizado, pois a chegada de fuel, precisamente a un dos espacios costeiros máis valiosos do litoral galego e con maior nivel de protección, amosa claramente a complexa situación creada, nun momento no que a maior parte das artes pesqueiras están xa a ser empregadas, agravando o impacto do verquido sobre as poboacións pesqueiras e marisqueiras, cuxos efectos comprobaranse nos próximos anos.
Por outra banda, ponse de manifesto que a propaganda oficial, particularmente da Xunta de Galicia, de negar a evidencia choca diariamente coa triste realidade do orballo de chapapote nas nosas costas.
Adega, 2003-09-19
Actualidad

A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico GarcÃa Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artÃsticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa asà co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artÃstico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.

A figura e o legado de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).
Notas
Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de PolÃmeros do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.