Notas de prensa

Concurso de Fotografía Vendima 2003 na Ribeira Sacra

A Asociación de Adegueiros da Ribeira Sacra, en colaboración co Consello Regulador, convoca un Concurso de Fotografía baixo o tema A VENDIMA 2003 NA RIBEIRA SACRA.

Concursantes e números de obras
Cada concursante poderá presentar un máximo de 12 fotografías e un mínimo de 4 relacionadas coa vendima do ano 2003 na Ribeira Sacra. As fotografías deberán ser inéditas, non podendo estar publicadas nin ter acadado ningún premio.
Tamaño, tipo e identificación
O formato será de 13 cm x 18 cm ou 20 cm x 25 cm en branco e negro ou cor. Non deberán ir montadas nin reforzadas sobre cartulina, nin con passepartout, e tampouco poderán ser presentadas enroladas. Non serán admitidas imaxes de montaxes, nin de manipulación dixital. As fotografías deberán estar asinadas con seudónimo, debendo acompañar nun sobre pechado tódolos datos persoais do autor.
Presentación
Os participantes poderán presentarán as súas fotografías na sede do Consello Regulador Ribeira Sacra. Rúa Pescadería nº1, Monforte de Lemos. Teléfono: 982 41 09 68. O prazo de presentación remata o día 30 de outubro.
Dereitos de exhibición
As obras presentadas quedarán en poder da Asociación de Adegueiros, que poderá utilizalas no tempo e xeito oportunos, así como os negativos das fotografías premiadas.
Xurado
O xurado estará presidido polo presidente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, e estará formado por cualificados profesionais do campo da fotografía e un representante da Asociación de Adegueiros da Ribeira Sacra. O faio do xurado e a entrega dos premios será o 10 de nobembro na sede do Consello Regulador.
Premios
Haberá un primeiro premio de 600 euros, un segundo de 300 euros e tres accesit de 100 euros cada un. Cada autor poderá recibir un único premio.
Exposición
As fotografías presentadas no Concurso fotográfico serán obxecto dunha exposición da que se informará co debido tempo.
Outros
O faio do xurado será inapelable, a participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases. A interpretación destas bases corresponde ó xurado, así como calquera outra circunstancia non prevista.

Consello Regulador Ribeira Sacra, 2003-09-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (lorca-hombre-y-joven-marinero.jpg) A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869. A Fundación Camilo José Cela continúa así co seu labor de conservación, difusión e proxección internacional do seu valioso fondo artístico e documental, favorecendo o diálogo cultural arredor dunha das figuras máis senlleiras da literatura e da arte do século XX.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) A figura e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será divulgada a través dunha decena de publicacións ao longo deste 2025, dentro das accións da programación do Ano Castelo, co que o Goberno galego conmemora o 75 aniversario dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. Entre elas estarán 'Celebrando a Castelao. O artista polifacético', de Rubén de Lis, dúas edicións da emblemática obra teatral 'Os vellos non deben de namorarse', os discursos institucionais de Castelao (da man da Fundación Castelao) ou a dixitalización da documentación sobre o Estatuto de 1936 (en colaboración co Instituto Padre Sarmiento).

Notas

Os profesores Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto, Adrián F. Tojo, de CITMAGA e da USC, xunto co profesor Iván Area, de IFCAE e da UVigo, acaban de publicar un traballo na prestixiosa revista internacional Nonlinear Analysis: Real World Applications, no que conseguen predicir a expansión da avespa Velutina. Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregaron datos sobre a localización de niños para predicir a localización dos futuros.
O Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, integrado no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, desenvolveu un bioplástico con mellores propiedades estruturais e de barreira sen precisar aditivos externos. Este traballo, enmarcado no proxecto europeo Waste2BioComp, desenvolveuse en colaboración co Leibniz-Institut für Verbundwerkstoffe GmbH de Alemaña.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES