
Foron un total de máis de 100 propostas desenvolvidas entre concertos, actuacións na rúa, obradoiros, actividades familiares, encontros culturais, presentacións, exposicións e propostas divulgativas repartidas por diferentes espazos de Ortigueira.
A xornada de clausura estivo protagonizada por un dos actos máis emblemáticos do Festival: o tradicional Desfile das Nacións Celtas, que volveu encher as rúas de música, cor e emoción coa participación de formacións galegas e internacionais. A Escola de Gaitas de Ortigueira, a Banda de Gaitas do Ortegal, A.C. Sadeo, B.G. O Pichel, G.E. LÂ’Oriente LlacÃn, B.G. Ladrido, B.G. Saxum, Airiños de Fene, Bagad de Vannes Melinerion, B.G.E.M. As Pontes e Caledonian Cowboy Collective Pipe Band protagonizaron un encontro que representa o espÃrito de irmandade entre territorios e pobos que define o Festival desde as súas orixes.
A programación dominical mantivo a intensa actividade do Festival na Rúa, con actuacións de North Coast Irish Dance, Vai Rañala Meu, Troula do Ortegal e Tumba e Dálle, achegando a música e a tradición ao conxunto dos visitantes. O PequeFestival volveu reunir o público familiar coa proposta A viaxe feliz de Ramón Sanfiz, de Fantoches Baj, mentres que a Vila Celta pechou a edición coas actuacións de Vai Rañala Meu, Eilbhe, Berbert Band e Anxo Lorenzo.
Durante toda a edición, os diferentes escenarios acolleron unha programación de gran nivel artÃstico, coa presenza de formacións e artistas procedentes de Galicia e de distintos territorios vinculados á tradición celta, como Irlanda, Bretaña, Asturias, Escocia ou Canadá. O escenario Estrela Galicia, a Vila Celta, o Festival na Rúa e o Teatro de Ortigueira ofreceron unha ampla variedade de propostas que combinaron tradición, creación contemporánea e novas formas de entender a música de raÃz.
A resposta do público confirmou o éxito desta edición, cunha asistencia estimada de máis de 100.000 persoas durante os cinco dÃas do Festival. Ortigueira viviu xornadas de gran afluencia, cunha elevada ocupación hostaleira, unha importante utilización dos aparcadoiros habilitados e unha excelente participación nas actividades complementarias, especialmente nos obradoiros, que completaron as súas prazas e demostraron o interese crecente pola transmisión dos coñecementos vinculados á cultura tradicional.
O impacto do Festival tamén se reflectiu na súa presenza dixital, cun notable crecemento da repercusión nas redes sociais, unha maior difusión dos contidos xerados durante o evento e a emisión en streaming a través da plataforma Tolemias TV, que permitiu seguir o Festival en directo desde calquera parte do mundo cunha alta calidade de imaxe e son, reforzando a proxección de Ortigueira e do propio Festival máis aló das súas fronteiras.
A celebración do Festival supuxo asà mesmo un importante impulso económico para a vila e o seu contorno, xerando unha notable actividade na hostalarÃa, o comercio, os aloxamentos turÃsticos e os servizos locais. A chegada de milleiros de visitantes volveu demostrar a hospitalidade dos veciños e veciñas, asà como a capacidade do evento para dinamizar a economÃa da comarca e consolidar Ortigueira como destino cultural e turÃstico.
A dimensión alcanzada por esta edición foi posible grazas a un amplo dispositivo humano e organizativo. Desde o martes e ata o domingo, o comedor do CEIP José MarÃa Lage preparou máis de 1.000 comidas diarias para atender a artistas, persoal técnico, voluntariado, equipos de produción e profesionais vinculados ao Festival, reflectindo a complexidade loxÃstica dunha cita destas caracterÃsticas.
A organización quere trasladar un agradecemento especial aos veciños e veciñas e ao gran número de voluntarios e voluntarias chegados desde distintos puntos de España, cuxa implicación, compromiso e xenerosidade foron fundamentais para o bo desenvolvemento do Festival. O seu traballo, xunto ao do persoal municipal, equipos técnicos, Protección Civil, forzas e corpos de seguridade, servizos sanitarios, asociacións, empresas colaboradoras e patrocinadores, fixo posible unha edición que será lembrada pola súa extraordinaria dimensión e polo ambiente de convivencia vivido durante toda a semana.
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira pecha asà unha edición que reafirma o seu prestixio internacional e a súa capacidade para unir xeracións, territorios e culturas a través da música. Máis de catro décadas despois do seu nacemento, o Festival continúa sendo un sÃmbolo de identidade cultural, un referente das músicas de raÃz e un dos grandes encontros internacionais dedicados á cultura celta.
Ortigueira despide unha edición histórica coa satisfacción do traballo realizado e co compromiso de seguir avanzando para que o Festival continúe medrando, mantendo sempre os valores que o converteron nun acontecemento único: a música, a tradición, a convivencia e o intercambio cultural entre pobos.
O Festaclown volve a converter VilagarcÃa de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. CompañÃas e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.