
A campaña forma parte do proxecto de investigación Estratexias de Control Territorial na Gallaecia Altomedieval (ConTroGAL), dirixido polo investigador Mario Pereiro Fernández (SÍNCRISIS-CISPAC, Universidade de Santiago de Compostela), e está financiada polos concellos de Ponteareas e Salceda de Caselas. Ademais, conta coa colaboración das Comunidades de Montes de Guláns e da Picoña, propietarias dos terreos onde se localiza o xacemento. Estes traballos estarán dirixidos por Mario Pereiro e contarán coa participación de persoal técnico da empresa Tempos Arqueólogos, especializada en intervencións arqueolóxicas, así como con estudantes do Grao en Historia da USC, reforzando o carácter investigador e formativo da campaña.
Nesta ocasión, a escavación centrarase en varios edificios situados na zona central do asentamento. O principal obxectivo é ampliar o coñecemento da súa organización urbanística, comprender mellor a relación entre as distintas construcións documentadas e contrastar a hipótese cronolóxica formulada a partir dos resultados obtidos durante a campaña de 2024. "Os primeiros traballos permitiron confirmar que San Cibrán é un enclave de enorme relevancia para comprender a organización do territorio durante os séculos finais da Alta Idade Media. Agora queremos coñecer como estaba estruturado o espazo habitado e que función desempeñaba cada un dos edificios que estamos a documentar", explica o director da intervención, Mario Pereiro.
O investigador destaca tamén que "cada nova campaña achega información fundamental para reconstruír un período da historia de Galicia que continúa sendo pouco coñecido desde o punto de vista arqueolóxico. San Cibrán está a ofrecer unha oportunidade excepcional para comprender como se organizaban estes grandes centros fortificados e cal era o seu papel na articulación do territorio".
Como en todas as intervencións do proxecto Castelos no Aire, a escavación desenvolverase baixo a iniciativa Aberto por Obras, que permite ao público visitar o xacemento durante os traballos arqueolóxicos. Todas as persoas interesadas poderán achegarse para coñecer de primeira man o desenvolvemento da escavación e conversar co equipo investigador sobre os avances da campaña.
Coa continuidade das investigacións, o Alto de San Cibrán consolídase como un dos xacementos altomedievais máis interesantes para o estudo da organización política e territorial dos séculos finais da Alta Idade Media no sur de Galicia.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.