
Non obstante, a misión xa rematara unhas horas antes para os integrantes do Grupo de investigación de TecnoloxÃa Aeroespacial da UVigo. “A derradeira vez que tivemos contacto ca nave foi o venres de madrugada, ás 9:54 a mañá, hora española. Ese foi o noso adeus, a derradeira vez que recibimos o sinal antes de que realizara a súa reentrada o venres pola noite. Foi un momento cheo de nostalxia, pero tamén de satisfacción polo traballo ben feito e con moitas ganas de seguir operando desde atlanTTic e a Universidade de Vigo para futuras misións”, explica Fernando Aguado, director do grupo ATRG.
ConcluÃa asà un traballo que comezara o 1 de abril cun momento non menos emocionante, como detalla o investigador do grupo Manuel Diz, “estabamos todo o equipo xunto no laboratorio seguindo atentamente o lanzamento do foguete SLS e mirando como se desacoplaban as súas distintas etapas. Ãs 3:54 da mañá, hora española, vimos por vez primeira o sinal da misión Artemis no noso espectro e foi unha tolemia e unha celebración incrible. Significaba que o traballo e o esforzo dos últimos meses por fin se materializaran”.
Un fito histórico e un cambio de paradigma para o grupo
O Grupo de TecnoloxÃa Aeroespacial, ATRG, do centro atlanTTic da UVigo, a través da cooperación establecida coa empresa tecnolóxica española Integrasys, seleccionada pola NASA, encargouse durante 10 dÃas do seguimento terrestre da cápsula Orion, que durante a misión Artemis II, emitiu sinais de radio en banda S que actuaron como un latexo electrónico, captado polas antenas da UVigo e Integrasys.
De “experiencia tremendamente enriquecedora” cualifican os investigadores da UVigo a súa participación a misión Artemis II, xa que “nos permitiu demostrar que as nosas capacidades van moito máis aló do tracking e as operacións habituais con satélites LEO en órbitas baixas. Comprobamos que estamos preparados para traballar e recibir sinais en órbitas de espazo profundo, ou deep space, como foi o caso desta misión, que viaxou á Lúa e regresou. Sinceramente, para o noso grupo isto supón un fito histórico, xa que é a primeira vez que participamos nunha misión destas caracterÃsticas”, explica Aguado.
Dado que o reto lles esixiu reaxustar parte da súa antena para poder optimizar a recepción do sinal a unha distancia tan grande e tamén “nos abriu a mente e puxo sobre a mesa novas ideas cara a futuras misións no espazo profundo”, facendo que pensen na necesidade de adquirir novos equipos no futuro como antenas de maior tamaño para realizar este tipo de seguimentos tan esixentes, os integrantes do grupo ATRG non dubidan en referirse a esta misión como “un cambio de paradigma” para eles.
10 Terabytes de información xerados en 10 dÃas de misión
Como o grupo de investigación só podÃa apuntar a antena cando saÃa da Lúa, xa que a nave Orion se dirixÃa a ela, o seu marxe de interacción comezaba cando entraba polo horizonte, entre as dúas e as tres da mañá. “Despois, rematábamos a xornada entre as sete as oito ou nove da noite, dependendo un pouco da posición da nave no traxecto da cada dÃa. Foi un ritmo moi intenso”, recoñecen.
En canto aos sinais recibidos durante os 10 dÃas da misión, os investigadores de atlanTTic, máis que contar as horas ou o numero de sinais individuais, consideran que o dato verdadeiramente importante é a cantidade de información xerada. “Encargámonos de gravar unha parte do espectro radioeléctrico que se atopa nas frecuencias de banda S, o que significa capturar o sinal puro xunto con moitÃsimo ruÃdo, e iso, tradúcese nun volume de datos enorme”, explica Manuel Diz.
AsÃ, aÃnda que ao principio calculaban que xerarÃan uns 2 Terabytes diarios, o que suporÃa uns 20 durante os 10 dÃas que duraba a misión, “grazas a que nos fomos reinventando con novas estratexias automatizadas e ao uso de compresión, fomos quen de reducir toda esa información a un total de aproximadamente 10 Terabytes. De feito, a dÃa de hoxe seguimos clasificando, separando, comprimindo e enviado todos eses datos ao equipo de Integrasys”, detalla Fernando Aguado, que destaca que “traballar xunto a José Manuel Sánchez, responsable do proxecto na empresa, e todo o seu equipo foi clave nesta misión”.
Asà mesmo, o director do grupo considera determinante para o éxito acadado a implicación de todos os integrantes do grupo ATRG, asà como de xente doutros grupos que colaboraron con eles. “Dentro de atlanTTic somos unha gran familia e sobre todo a quen máis debo agradecer é Manuel Diz e a Pablo Francisco Fernández do grupo COM, Grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, porque foron claves neste proxecto e merecen todo o recoñecemento tanto do centro como da UVigo polo papel fundamental que desenvolveron”.
Inmersos nun boom de proxectos espaciais
Finalizada a súa participación nunha misión, na que os investigadores da UVigo aseguran, que máis aló do seu traballo concreto, sentÃronse “profundamente impresionados” pola comunicación directa entre naves, en concerto entre Orion e a Estación Espacial Internacional sen necesidade de triangular coa Terra, “un avance tan grande que xa podemos falar de telefonÃa espacial”, o grupo de investigación rematará estes dÃas o envÃo de información a Integrasys para, a continuación, regresar ao seu dÃa a dÃa.
Logo dun ano e medio no que se produciu “un verdadeiro boom de proxectos espaciais”, explican, e que os levou a medrar ata superar neste intre as 25 persoas traballando a través de contratos ou realizando teses enfocadas no sector do espazo e as telecomunicación, e cinco docentes permanente da UVigo, o grupo céntrase en proxectos “moi importantes, que van desde a participación na Constelación Canaria de satélites, o desenvolvemento de sistemas de comunicacións ópticas para o espazo, ata actividades relacionadas co docking, é dicir, o acoplamento de satélites en órbita, algo que tamén se veu na misión Artemis II".
Co desexo de poder participar en máis misións de espazo profundo no futuro, os integrantes Grupo de investigación de TecnoloxÃa Aeroespacial da UVigo insisten na colaboración como elemento clave para que os seus proxectos sexan un éxito. “Pertencemos a un gran centro de investigación como é atlanTTic, onde tocamos moitÃsimas iniciativas e colaboramos entre todos os grupos. Manter esa mente aberta e traballar xuntos é o que nos permitirá seguir medrando para converte o centro na punta de lanza da enxeñarÃa aeroespacial e de telecomunicacións en España, en Europa, e por que non, no resto do mundo?”, sinalan.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.