
Francisco Blanco usa a IA para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas reumáticas
Francisco J. Blanco GarcÃa (Cee, 1963) recibe a medalla Ãngeles Alvariño González da sección de BioloxÃa e Ciencias da Saúde da RAGC. É unha figura distinguida na Medicina española e referente internacional no campo da ReumatoloxÃa, catedrático de ReumatoloxÃa da Universidade da Coruña, xefe da Sección de ReumatoloxÃa ClÃnica e Traslacional no CHUAC. Lidera o Grupo de Investigación en ReumatoloxÃa, con máis de 10 millóns de euros captados nos últimos 5 anos. Está a impulsar a aplicación de tecnoloxÃas computacionais avanzadas relacionadas co Big Data e a IA para personalizar o diagnóstico e o tratamento das doenzas reumáticas, anticipándose á súa progresión e optimizando as posibles intervencións terapéuticas. É investigador principal de máis de 100 proxectos de investigación clÃnica en enfermidades reumáticas, coautor de 8 patentes e de máis de 1.000 publicacións cientÃficas, membro do comité directivo da Sociedade Mundial de Investigación en Osteoartrite, experto da Axencia Española de Medicamentos e experto na Ãrea de Enfermidades Reumáticas na Axencia Europea de Medicamentos. En 2017 foi recoñecido como o mellor investigador mundial en osteoartrite, sendo o primeiro e único español e o quinto europeo en recibilo.
“Para min é unha honra inmensa, un recoñecemento a unha traxectoria persoal e, sobre todo, ao traballo do meu grupo de investigación GIR-S, formado por un gran número de excelentes investigadores, compañeiros reumatólogos e pacientes que compartiron comigo esta aventura cientÃfica. Esta Medalla reforza o modelo de investigación construÃdo en torno ao triángulo UDC-INIBIC-CHUAC, que xa demostrou ofrecer excelentes resultados na xeración de coñecemento e na súa aplicación clÃnica” -manifesta o investigador-.
Laura Carballo traballa por mellorar as condicións dos traballadores do mar
A medalla Domingo GarcÃa-Sabell Rivas, da sección de Ciencias Económicas e Sociais, recoñece a Laura Carballo Piñeiro (MarÃn, 1971), catedrática de Dereito Internacional Privado da Universidade de Vigo e decana da facultade de Relacións Internacionais. A súa principal liña de investigación artéllase en torno ao Dereito laboral marÃtimo internacional, da que é un referente. É catedrática de Dereito e PolÃtica Laboral MarÃtima na World Maritime University, creada pola Organización MarÃtima Internacional (OMI), con sede en Malmö, e da que foi directora do seu departamento de Dereito e PolÃtica MarÃtima. Participou nun consorcio internacional para prover á Dirección Xeral de Transportes da Comisión Europea dun estudo sobre os aspectos sociais dentro do transporte marÃtimo. Para a Federación Europea de Traballadores do Transporte realizou un proxecto sobre seguridade social e emprego marÃtimo. Dirixiu un programa destinado a promover o traballo decente a bordo de buques da mariña mercante. Participou nun estudo sobre os horarios de traballo no mar, que suscitou que varios paÃses solicitaran á OMI que puxera en marcha as súas recomendacións. Ademais, a OMI contou cos seus coñecementos para prestar formación en transporte marÃtimo en Ghana e Chile. É asesora do Comité de Expertos na Aplicación dos Convenios e Recomendacións da Organización Internacional do Traballo e vai ser a primeira galega en impartir un curso na Academia de Dereito Internacional da Haia.
"Como investigadora galega sÃntome moi honrada. Reconforta que nestes intres de grande ameaza para a orde internacional e os dereitos das persoas sen importar a súa orixe, a RAGC apoie o papel fundamental do Dereito para acadar a paz, a seguridade e o benestar de nacións, a dignidade dos pobos, en definitiva, como dirÃa GarcÃa-Sabell” -salienta-.
Juan Mª Pou, experto na aplicación do láser na industria, a saúde e a sostibilidade
Juan MarÃa Pou Saracho (A Guarda, 1963), catedrático de FÃsica Aplicada da Universidade de Vigo, recibe a medalla Isidro Parga Pondal da sección de Ciencias Técnicas. Cofundador e investigador principal do grupo de “Aplicacións Industriais dos Láseres” da UVigo, é un referente internacional neste eido. As súas liñas de traballo céntranse nas aplicacións dos láseres na industria, a saúde e a sostibilidade; con preto de 8 millóns de euros acadados en proxectos e contratos e 34 patentes. Destacan os seus traballos de valorización dos produtos e residuos xerados nas cadeas de produción vencelladas ao mar, como o aproveitamento de espiñas e ósos de peixe para obter fosfatos de calcio; a mellora da eficiencia dos sistemas mecánicos empregados nas artes de pesca; a mellora de produtos e servizos nos sectores da automoción, construción naval, aeronáutico, téxtil e da pedra natural para obter unha industria intelixente e sostible; o desenvolvemento de novos produtos para as industrias farmacéutica e biotecnolóxica; obtención de próteses e implantes con propiedades mecánicas melloradas... Participa nun proxecto europeo centrado no uso da tecnoloxÃa láser para reciclar o vidro que non se recicla, como o empregado en produtos farmacéuticos ou en dispositivos electrónicos como teléfonos móbiles e pantallas de ordenador.
“Este galardón é un recoñecemento a todas as persoas que desde os anos 1980 se dedicaron e seguen a dedicarse a investigar sobre as aplicacións do láser en Galicia e, en particular, ao noso grupo da Universidade de Vigo. Agradézolle aos meus compañeiros do CINTECX por crear un magnÃfico ambiente de traballo para desenvolver a nosa investigación” -sinala-.
Nieves RodrÃguez, experta no procesamento de grandes volumes de datos
A medalla Enrique Vidal Abascal, da sección de Matemáticas, FÃsica e Ciencias da Computación, recaeu na catedrática de Ciencias da Computación da Universidade da Coruña Nieves RodrÃguez Brisaboa (A Coruña, 1957). Conta cunha traxectoria investigadora de máis de 30 anos no eido dos algoritmos e estruturas de datos compactas para o procesamento de grandes volumes de datos -en 1996 creou o Laboratorio de Bases de Datos-, asà como unha liña de investigación en Sistemas de Información Xeográfica. Neste campo dirixiu os traballos de creación do SIX da Deputación da Coruña, a Biblioteca Virtual Galega, a Viaxe Virtual por Galicia, a Hemeroteca Virtual da RAG, a Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais -sistema utilizado por distintas Deputacións españolas para xestionar o seu extenso inventario de activos nos ámbitos do transporte, subministración de auga e electricidade, edificios públicos, servizos e elementos de urbanismo-, ou o sistema de administración electrónica para o IGVS, entre outros. En 2019 recibiu o Premio Nacional de Informática da SCIE-BBVA. Dirixiu 44 contratos con empresas nacionais e internacionais -Indra, Yahoo, Grupo PrisaÂ…-, administracións e organizacións sociais e culturais cun orzamento de máis de 3,7 millóns de euros. En 2003 promoveu a creación da spin-off Enxenio, con máis de 40 traballadores e un volume de ingresos superior aos 2 millóns de euros.
“Cada vez que se lle recoñece a unha muller a excelencia nun eido onde aÃnda poucas destacaron, contribúese a incrementar as vocacións femininas nese ámbito. Coa gran falta de mulleres nas disciplinas STEM en xeral e en Informática en particular, espero que esta medalla, que por primeira vez se lle concede a unha muller no campo das Matemáticas, FÃsica e Informática, axude a abrir este camiño a máis mulleres no futuro” -salienta-.
Mª Carmen Veiga recupera das augas residuais compostos de alto valor comercial como bioplásticos ou biocombustibles
Mª Carmen Veiga Barbazán (Brión, 1959), catedrática de EnxeñarÃa QuÃmica da Universidade da Coruña, recibe a medalla Antonio Casares RodrÃguez da sección de QuÃmica e XeoloxÃa. Investiga en biotecnoloxÃa ambiental, en particular no tratamento de augas residuais, a valorización de residuos sólidos e a depuración de efluentes gasosos mediante procesos biotecnolóxicos sostibles. Desenvolve procesos eficientes para eliminar contaminantes, que permitan obter un efluente final de mellor calidade, cun menor custo económico e menor consumo enerxético; e recupera compostos de alto valor comercial como bioplásticos ou biocombustibles. Asà mesmo, busca a transferencia de tecnoloxÃas innovadoras ao sector industrial, asà como a aplicación dos resultados cientÃficos e o asesoramento técnico na optimización de plantas depuradoras de augas residuais urbanas e industriais. Ten rexistradas dúas patentes nacionais, unha sobre a produción de biopolÃmeros a partir de residuos da industria cervexeira e outra sobre a bioconversión de gases residuais en bioetanol. Forma parte da WorldÂ’s Top 2% Scientist List que publica a Universidade de Stanford e que recoñece aos cientÃficos máis influentes do mundo.
“Para min este premio supón o recoñecemento a unha traxectoria profesional dedicada ao desenvolvemento de procesos avanzados de biotecnoloxÃa ambiental. O meu traballo céntrase na valorización de contaminantes presentes en augas, gases e residuos mediante biorefinerÃa. Estes procesos contribúen á economÃa circular e á protección do medio, ofrecendo solucións innovadoras para a xestión sostible dos recursos” -sinala-.
Galicia lidera un ano máis as candidaturas á bandeira Sendeiro Azul 2026, cun total de 72 rutas aspirantes, o que supón un 31% máis das que se presentaron na pasada edición. Unha vez analizadas polo xurado as propostas recibidas no conxunto do paÃs, o seguinte obxectivo para Galicia é revalidar o resultado da pasada edición, cando repetiu a súa posición como comunidade co maior número de distintivos deste tipo: 54 das 154 bandeiras concedidas no conxunto do paÃs e unha rede de itinerarios azuis que sumou 388,66 quilómetros. A Bandeira Sendeiro Azul é concedida desde hai anos pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac).
O mapa vitivinÃcola galego artéllase arredor de cinco denominacións de orixe -Valdeorras, Ribeiro, RÃas Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra- e catro indicacións xeográficas protexidas -Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Val do Miño-Ourense e Barbanza e Iria-, ademais das IXP especÃficas para bebidas espirituosas -Licor Café, Licor de Herbas, Orujo de Galicia e Augardente de Herbas-. Estes selos certifican a procedencia e o control rigoroso do proceso produtivo, reforzando a confianza do consumidor e permitindo que os produtos agroalimentarios galegos gañen presenza e competitividade nos mercados. A súa trazabilidade e garantÃa de calidade representan, en conxunto, a esencia do que identifica á Galicia Calidade.