Notas de prensa

Deputación da Coruña e Real Academia Galega de Belas Artes editan un libro sobre Isaac Díaz Pardo

A Deputación da Coruña, en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes, vén de editar un libro dedicado á figura de Isaac Díaz Pardo, unha das personalidades máis destacadas da cultura galega do século XX. A publicación coincide coa conmemoración do Día das Artes Galegas 2025, que este ano está dedicado ao artista, intelectual e empresario. Díaz Pardo, que foi bolseiro da Deputación da Coruña nos seus anos de formación, destacou ao longo da súa traxectoria pola súa contribución á recuperación e modernización das artes plásticas e a industria cultural en Galicia.

A súa labor abarcou dende a pintura e o deseño ata a cerámica, sendo un dos grandes impulsores da Fábrica de Sargadelos e do Laboratorio de Formas, proxectos que combinaban innovación, memoria histórica e identidade cultural.

A nova publicación recolle o emotivo discurso pronunciado onte no Teatro Principal de Compostela por Xosé Díaz Arias de Castro, fillo do artista, durante o acto institucional de celebración do Día das Artes Galegas baixo o título “Isaac Díaz Pardo ou as formas que xurden da memoria”.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou o vínculo de Díaz Pardo coa institución provincial que lle otorgou a súa primeira beca que lle permitiu completar a súa formación na prestixiosa Escola de Belas Artes de San Fernando, en Madrid. “Algo que nos enche de orgullo e que seguimos facendo hoxe para apoiar ás mozas e mozos da provincia que comezan as súas carreiras artísticas”.

Formoso destaca no prólogo do libro a importancia de poñer en valor a traxectoria de Díaz Pardo, “que foi moito máis que un artista, foi un humanista comprometido co seu tempo, un intelectual que fixo da súa obra un vínculo para a memoria, a identidade e o progreso económico e cultural do noso país. Con esta publicación queremos renderlle unha merecida homenaxe", apuntou o presidente provincial.

O libro estará dispoñible para o público a través das canles institucionais da Real Academia Galega de Belas Artes. A Deputación distribuirá exemplares ás bibliotecas municipais da provincia, facilitando o acceso a un legado fundamental para a historia recente de Galicia.

Deputación da Coruña, 2025-04-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES