Notas de prensa

A mellor danza universitaria de Galicia darase cita en abril da man da USC

A 23 edición do Encontro Universitario de Danza (EUD) xuntará os días 8 e 9 de abril no Teatro Principal os mellores traballos das compañías das tres universidades públicas galegas. Á Compañía de Danza da USC, nada ao abeiro do Espazo de Danza baixo a dirección de Juan Carlos Zahera, únese a Aula de Danza do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Aula de Danza da Universidade de Coruña. O EUD trasladarase ao Campus de Lugo entre os días 8 e 10 de maio.

O EUD, que organiza a USC dende hai mais de dúas décadas e que se enmarca na Primavera Cultural da USC, é unha das actividades máis destacables e visibles do Espazo de Danza da USC promovidas para favorecer o intercambio cultural a través da danza, ademais de para achegar esta disciplina artística ao resto da sociedade.

Programa en Santiago

Será a Aula de Danza da Universidade de Coruña quen abra o programa de representacións do martes 8 de abril, a partir das 20.30 horas no Teatro Principal compostelán, coa mediación de Javier Martín e a creación colectiva hyphē.

REDes é o titulo da coreografía da Compañía de Danza da USC, dirixida por Juan Carlos Zahera, que nesta ocasión reúne as tres Compañías de Danza da USC (Campus Compostela, Lugo e Sen Vergoña) nunha soa produción, baixo a coreografía de Rosa Acuña, coa que se completa o programa da xornada.

O mércores día 9 presentarase ao público compostelá a Aula de Danza do Campus de Ourense, baixo a dirección de Nuria Sotelo, coa obra titulada Máis tarde, cá cedo e coreografiada por Ainoa Linaza.

De seguido, e rematando o Encontro de Danza da USC, actuará novamente a Compañía de Danza da USC coa coreografía REDes.

A entrada é libre e gratuíta para todas as representacións.

Redes, a peza da USC

Na creación Redes que presenta a USC neste Encontro participan como intérpretes Alexandra Clista, Adelaida Garcia, Noelia Iglesias, Carmen Soriano, Mario Vazquez, Alicia Collazo, Inés F. Mosquera, Andrea Gil, Alvaro R.Vazquez, Dolores Besteiro, Minda Mendez, Rosa Menéndez, Beatriz Ovalle, Sabela R. Campo e Victoria Vazquez.

A proxección do audiovisual é de Iria Estevez e a poesía de Sabela Rodriguez. Nesta obra, como na anterior, o vestiario é autoxestionado con tecidos reciclados de redes cedidas polas Redeiras de Aguiño (Ribeira), Redeiras de Cangas de Morrazo e Suso Mariñeiro (Cangas do Morrazo). As fotos son de Maribel Pereiro, Fernando Collazo e Ayla Leiva.

Espazo de Danza da USC

O Espazo de Danza da USC foi no deu día unha iniciativa pioneira na Universidade española, concibida como xerme dun laboratorio de danza contemporánea que, dúas décadas despois, presenta no seu currículo a produción de 40 montaxes coreográficas e a realización de máis de 300 actuacións e intervencións, con presenza en máis dun centenar de festivais, seminarios, mostras, exposicións e reunións científicas.

A presenza da danza na USC e a inclusión desta disciplina na grella da oferta cultural e artística da institución académica actúa como un atractivo complemento académico e formativo e é unha eficaz embaixadora da USC como institución aberta e creativa.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2025-03-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES