
O ciclo arrancará coa proxección de Nanook of the North (1922), de Robert J. Flaherty, considerado o primeiro gran documental da historia do cinema. Esta obra pioneira segue a vida dunha familia esquimó no norte de Canadá para mostrar as súas estratexias de supervivencia nunha contorna hostil. A pesar de certas recreacións dramatizadas, segue a ser unha referencia fundamental para entender as culturas do Ártico
A programación inclúe tamén títulos como Labrador North (1973), de Roger Hart, que aborda a convivencia entre comunidades indíxenas e colonas na península do Labrador; e Steering North (1960), de David Bairstow, centrado nos avances tecnolóxicos que facilitaron a navegación do Ártico.
O impacto do cambio climático será abordado en filmes como A Step Towards the Arctic Reflections and Visions of the North (2012), de Anne-Marie Tougas, e Halout (2022), de Evgenia e Maxim Arbugaev, un retrato inmersivo do traballo dun biólogo mariño nunha cabana remota do norte de Rusia. Pola súa banda, Geographies of Solitude (2022), de Jacquelyn Mills, ofrece unha meditación visual sobre a illa de Sabre e o compromiso da naturalista Zoe Lucas coa súa preservación.
Alén do enfoque paisaxístico e antropolóxico, o ciclo inclúe documentais que exploran a relación entre a cultura e o territorio. Heima (2007), de Dean DeBlois, acompaña á banda islandesa Sigur Rós nun percorrido pola súa terra natal, explorando os vínculos entre a música e a contorna natural. Pola súa parte, Vikingland (2011), de Xurxo Chirro, rescata as gravacións caseiras do mariñeiro galego Luís Lomba, O Haia, que traballaba nun transbordador entre Dinamarca e Alemaña nos anos noventa, ofrecendo unha reflexión sobre a memoria e a distancia do fogar.
O ciclo desenvolverase en varias sesións ao longo do mes de marzo, cunha programación que permite descubrir diferentes perspectivas sobre o Ártico e as súas transformacións. As proxeccións terán lugar na Sala de Exposicións de NORMAL e a entrada será libre ata completar aforo.
PROGRAMACIÓN
Semana 1
Luns, 10 de marzo
12:00 h.: Nanook of the North (1922)
19:00 h.: Labrador North (1973)
Martes, 11 de marzo
12:00 h.: Steering North (1960)
19:00 h.: A Step Towards the Arctic Reflections and Visions of the North (2012)
Mércores, 12 de marzo
12:00 h.: Halout (2022)
19:00 h.: Geographies of Solitude (2022)
Xoves, 13 de marzo
12:00 h.: Heima (2007)
19:00 h.: Vikingland (2011)
Venres, 14 de marzo
12:00 h.: Nanook of the North (1922)
19:00 h.: Labrador North (1973)
Semana 2
Luns, 17 de marzo
12:00 h.: Steering North (1960)
19:00 h.: A Step Towards the Arctic Reflections and Visions of the North (2012)
Martes, 18 de marzo
12:00 h.: Halout (2022)
19:00 h.: Geographies of Solitude (2022)
Mércores, 19 de marzo
12:00 h.: Heima (2007)
17:00 h.: Vikingland (2011)
Xoves, 20 de marzo
12:00 h.: Nanook of the North (1922)
19:00 h.: Labrador North (1973)
Venres, 21 de marzo
12:00 h.: Steering North (1960)
19:00 h.: A Step Towards the Arctic Reflections and Visions of the North (2012)
Semana 3
Luns, 24 de marzo
12:00 h.: Halout (2022)
19:00 h.: Geographies of Solitude (2022)
Martes, 25 de marzo
12:00 h.: Heima (2007)
19:00 h.: Vikingland (2011)
Mércores, 26 de marzo
12:00 h.: Nanook of the North (1922)
17:00 h.: Labrador North (1973)
Xoves, 27 de marzo
12:00 h.: Steering North (1960)
19:00 h.: A Step Towards the Arctic Reflections and Visions of the North (2012)
Venres, 28 de marzo
12:00 h.: Halout (2022)
19:00 h.: Geographies of Solitude (2022)
Semana 4
Luns, 31 de marzo
12:00 h.: Heima (2007)
19:00 h.: Vikingland (2011)
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).