
É, en definitiva, unha exploración de como tería sido a historia se algo houbese cambiado, a historia do que xa non foi.
Moi presente na literatura, no cine e nas series distópicas, a historia alternativa será o vindeiro mes a protagonista dun congreso internacional no campus de Vigo. Entre os días 26 e 27 de marzo, especialistas principalmente de España e Portugal daranse cita na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo no marco da Conferencia Internacional de Historia Mundial WhatIf'24/25.
Tras tres edicións en Portugal, o evento recala neste 2025 e Vigo e faino no marco do proxecto de Europa Creativa, HYP - Hypothesis You Preserve impulsado por un consorcio internacional formado pola Universidade de Vigo, a Universidade de Porto e a École Pratique des Hautes Études de París.
Un congreso aberto e de balde centrado nas enciclopedias creativas e colaborativas
O congreso WhatIf'24/25 está organizo conxuntamente pola Universidade de Vigo e a Casa Común de Reitoría da Universidade de Oporto e as inscricións, de balde, están abertas ata o 15 de marzo. Como explica a profesora Rosa Ricoy, responsable da organización xunto coa investigadora da Universidade do Porto Ana da Silveira Moura, o simposio está dirixo a calquera persoa, de dentro ou fóra da comunidade universitaria, que teña interese pola historia alternativa. Baixo o lema principal Enciclopedias creativas e colaborativas presentaranse traballos sobre temática relacionada coa historia alternativa, como, por exemplo, experiencias educativas recorrendo á historia alternativa e alternada, historia alternativa como método de investigacións nas ciencias naturais ou médicas ou historia alternativa e cognición. Todos os artigos aceptados publicaranse na revista Hypothesis Historia Periodical.
Agardamos ter unha boa proposta de iniciativas ata que peche o período de envio de resumos, este venres 28 febreiro. No último congreso tivemos un impacto directo de participantes a diversas actividades (conferencias, roteiro, taller, etc) de máis de 100 persoas e agardamos superar o número nesta ocasión, pois participarán persoas de varios países de xeito presencial e virtual.
Ademais, no marco do congreso tamén haberá un espazo para conmemorar o 8M, con varias mesas e palestras con perspectiva de xénero e historia alternativa. Queremos poñer o foco sobre valores tan importantes como a igualdade e a non discriminación, perspectiva que está en todo o que facemos no proxecto HYP. É por iso que tamén agradecemos a tódalas institucións participantes, principalmente ao Instituto de Xustiza e Xénero da UVigo, IXEX, que colaboran na súa realización.
Proxecto de Europa Creativa: HYP: Hypothesis You Preserve
O congreso WhatIf'24/25 desenvólvese no marco do proxecto HYP (Hypothesis You Preserve), que busca xerar sinerxías entre a escritura creativa, a historia alternativa e os produtos académicos creativos, para construír e desenvolver a empatía transnacional e o interese pola memoria e a cultura europeas colectivas e compartidas. Con tres socios de España, Portugal e Francia, baséase tanto nos tres patrimonios culturais nacionais e o fluxo de inmigrantes entre eles durante os últimos cen anos, como nos acervos culturais nacionais e transnacionais resultantes.
Como explica Ricoy, o alumnado implicado pode empregar arquivos, documentación, historias ou tradicións individuais, familiares ou comunitarias para desenvolver un obxecto de escritura e cultura, explorando o patrimonio común europeo e o coñecemento histórico transnacional no proceso. O obxectivo é salientar ou preservar os valores da UE como igualdade e non discriminación, protección do patrimonio cultural, sustentabilidade, dignidade humana, liberdade, democracia, dereitos humanos, estado de dereito...
Ademais, HYP presenta unha parte de interese pola investigación sobre creatividade verde, poñendo o foco sobre a sustentabilidade ambiental dos produtos dixitais creativos e sobre o desenvolvemento do impacto da tecnoloxía en relación coa industria cultural e o medio ambiente.
Outras propostas do proxecto HYP
Esta será a segunda vez que unha das actividades do proxecto HYP recale na Universidade de Vigo, xa que no mes de setembro o campus de Pontevedra acolleu un simposio con especialistas dos tres países para reflexionar sobre Europa creando unha historia alternativa.
O proxecto tamén tivo a súa presencia en varias materias do Grao en Dirección e Xestión Pública a través dunha ABP: Aprendizaxe Baseada en Proxectos. Como explica Rocoy, nela o alumnado aprendeu e desenvolveu fanzines e acazines (fanzines orientados á divulgación científica) para a Enciclopedia Dixital Colaborativa Europea que ansiamos fornecer.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.