
A selección de películas inclúe obras de cineastas do norte de Europa, como Déixame entrar (Alfredson, 2008), estremecedor firme sueco; filmes que aluden á viaxe cara ao norte como concepto ou subxénero, a road movie ou a viaxe exterior-interior, como Alicia nas cidades (Wenders, 1974), Antes do amencer (Linklater, 1995), Noite na terra (Jarmusch, 1991) ou A vía láctea (Buñuel, 1969).
O ciclo tamén inclúe títulos que exploran o norte como metáfora do equilibrio emocional e a busca de sentido vital, como Melancolía (Von Trier, 2011) e Estrada perdida (Lynch, 1997), así como películas que tratan o norte como concepto político-social, destino de procesos migratorios, destacando Todos nos chamamos Alí (Fassbinder, 1974).
As proxeccións terán lugar todos os mércores, ás 19:00 horas, na Sala Cubo de NORMAL, desde o 26 de febreiro ata o 23 de abril de 2025. As películas exhibiranse en versión orixinal subtitulada (V.O.S.) e será necesaria inscrición previa para asistir.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.