
Ademais do grupo TeXe, CAXATO conta coa participación de cinco socios especialistas en educación de persoas adultas de Francia, Italia e España: o Centro Italiano per lApprendimento Permanente (CIAPE); o Institut de Recherche Jacquaire (IRJ); SocialDocs a través do seu programa De Maior Crea; a Fundación Universidade de La Rioja, e a European Grants International Academy (EGInA).
Os resultados do proxecto preséntanse estes días no Centro de Estudos Avanzados nun congreso internacional no que persoas especialistas na materia reflexionarán en torno á Educación de Persoas Adultas (EPA). Ademais, tamén como resultado da iniciativa, terá lugar a proxección dun documental que recolle o que esta experiencia representou para as persoas participantes e unha peza audiovisual realizada por un dos membros do programa De Maior Crea, socio do proxecto.
O Congreso Internacional de Educación de Persoas Adultas inaugurouse este xoves nun acto no que participaron a vicerreitora de Cultura e Estudantes, Pilar Murias García; o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta de Galicia, Antón Acevedo Prado; e a coordinadora do Proxecto Caxato da USC, Esther Olveira Olveira. A conferencia inaugural correu a cargo de José Arnay Puerta, da Universidade de La Laguna, que conta cunha extensa traxectoria académica no ámbito da EPA, os Programas Universitarios para Persoas Maiores e a súa relevancia para un envellecemento activo.
O encontro reunirá numerosos especialistas en políticas de maiores do ámbito autonómico, europeo e de educación superior, ademais de contar coa experiencia do Institut de Recherche Jacquaire, asociación de maiores dedicada á promoción e o coñecemento do patrimonio xacobeo e socia de CAXATO, ou de alumnado sénior participante no proxecto para falar acerca das súas vivencias e aprendizaxes.
Para dar peche ao evento, entablarase un diálogo acerca da relevancia do patrimonio do Camiño de Santiago, as súas posibilidades educativas e o que representa traballar con maiores desde a docencia. Haberá catro obradoiros: Creación de vídeos con dispositivos móbiles (SocialDocs); Investiga co teu smartphone (Ecos do Sur); Aspectos prácticos para emprender o Camiño (IRJ); e Información manipulada e lectura crítica: claves para identificar e frear a desinformación (AGARESO).
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.