A investigación do grupo SUPREN diríxese cara á xeración de sistemas autoensamblados que respondan a estímulos como a luz. As súas principais liñas de investigación son o estudo de sistemas host-guest con resposta a estímulos externos e procesos de autoensamblaxe para a súa implementación en máquinas moleculares, catalizadores intelixentes e sistemas de liberación controlada de fármacos.
Aproveitando unha combinación de reaccións fotoquímicas (inducidas por luz) e procesos de autoensamblaxe, lograron insertar unha molécula lineal na cavidade dunha molécula en forma de anel, adoptando unha xeometría de alta enerxía que non é posible no equilibrio termodinámico. Noutras palabras, a luz permite crear unha ensamblaxe molecular que, doutro modo, sería inaccesible.
A autoensamblaxe de compoñentes moleculares para obter sistemas e materiais con estruturas a escala nanométrica (1 nanómetro = 1 milmillonésima de metro) é un dos procesos básicos da nanotecnoloxía.
Este mecanismo de autoensamblaxe acoplado a una reacción fotoquímica permite aproveitar a enerxía da luz para acumular produtos inestables, abrindo o camiño a novas metodoloxías de síntese química e ao desenvolvemento de materiais moleculares dinámicos e dispositivos (por exemplo, nanomotores) que operen en condicións fóra de equilibrio, de maneira semellante aos seres vivos.
Con este método innovador poderíanse crear novas sustancias capaces de responder a estímulos e interactuar coa contorna. Estas sustancias poderían empregarse para xerar medicamentos intelixentes e materiais activos.
Sobre o CICA
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía creouse na Universidade da Coruña en 2015 como un centro de investigación de ciencias avanzadas que, na actualidade, conta con máis de 200 investigadores e investigadoras organizados en tres áreas científicas, que van desde a Biomedicina ata a Ciencia dos Materiais.
Desde 2024, o CICA conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.
A excelencia investigadora, a transferencia tecnolóxica e a transmisión de coñecemento á sociedade forman os tres piares sobre os que se fundamenta o centro de investigación. O CICA é recoñecido pola atracción de talento, a visibilidade da muller científica e a promoción da igualdade de xénero, contando cunha presenza feminina superior ao 50%.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.