
A Masterclass ten o obxectivo de achegar a física ás estudantes preuniversitarias galegas, coñecendo de carca o traballo realizado polo Instituto e tomando contacto con esta disciplina. Un dos labores do IGFAE é a promoción do acceso á ciencia e a participación plena e equitativa de todas as persoas, especialmente en ámbitos moi masculinizados como a física de partículas, onde persiste unha notable fenda de xénero.
Apertura de inscricións
As estudantes e docentes interesadas poderán formalizar a súa inscrición a partir deste luns 13 de xaneiro e ata o venres 31 ás 23.59 horas a través do formulario de rexistro dispoñible nesta ligazón. Para garantir un óptimo desenvolvemento das sesións, a actividade ten un máximo de 60 prazas, con 2 alumnas de 1º de bacharelato por instituto (posibilidade de ampliar a 3 en función da evolución das inscricións).
A Masterclass de Física de Partículas do 11F supón unha grande oportunidade para achegar as carreiras científicas ás alumnas, polo que cómpre ter presente este criterio na selección das participantes así como ter presente que a discusión dos resultados será en inglés.
O profesorado que acompañe ás estudantes pode asistir e mesmo participar activamente na Masterclass, se así o desexa, o que deberá indicar no formulario de inscrición. As solicitudes serán atendidas por orde de chegada. O IGFAE farase cargo da manutención.
Programa da Masterclass
Durante a mañá, as asistentes afondarán no coñecemento da física de partículas con conferencias introdutorias, antes de mergullarse na sesión práctica na que se utilizarán datos reais do experimento LHCb no que participan máis de 40 investigadoras e investigadores do IGFAE. Os resultados discutiranse á tarde a través de videoconferencia con investigadoras do CERN, así como con alumnas doutros países que tamén participan nesta Masterclass.
Na sesión da tarde haberá tamén unha charla-coloquio que poñerá o acento nas cuestións de xénero e diversidade na física de partículas, amosando os casos de mulleres procedentes de diferentes culturas, países, clases, etnias e condicións, que fixeron grandes achegas á ciencia dende os espazos que conseguiron ocupar pero que seguen a ser en moitos casos bastante descoñecidas.
Esta xornada é froito da colaboración do IGFAE co Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas IPPOG (promotor da Masterclass) e o CERN.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.