Notas de prensa

O festival 17º Ribeira Sacra celebrará a súa novena edición os días 18, 19 e 20 de xullo

O festival 17º Ribeira Sacra xa ten datas para a que será a súa novena edición. Os días 18, 19 e 20 de xullo a Ribeira Sacra albergará este evento no que música, gastronomía, viño, arte e patrimonio danse da man ofrecendo unha experiencia completa para o público. Unha programación de tres días na que non faltarán concertos de artistas nacionais e internacionais.

O Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra a bordo do catamarán polo río Sil é outro dos momentos máis esperados, que se repetirá nesta novena edición. Ademais da música, a gastronomía e cultura vitivinícola son partes esenciais neste evento, cunha programación de Experiencias -catas, degustacións ou roteiros -coas que o público poderá conectar co territorio. Os primeiros abonos poñeranse á venda proximamente a un prezo promocional.

Na pasada edición máis de 3.000 persoas gozaron da programación do festival, coñecendo a Ribeira Sacra dunha forma inesquecible. Concertos de bandas como Morcheeba ou Queral Lahoz foron algúns dos momentos máis especiais para o público, que gozou tamén de catas de diferentes viños da zona, degustacións gastronómicas, un menú creado polo chef Estrella Michelín Rafa Centeno ou visitas patrimoniais.

O evento conta co patrocinio de Xunta de Galicia, a través de Xacobeo e Fest Galicia, Bodegas Regina Viarum e Cervezas Alhambra, en liña co seu compromiso de apoiar todas aquelas experiencias únicas que convidan a gozar sen presa dedicando a cada momento o tempo que merece.

A aposta pioneira da marca Festivales Territorio

17º Ribeira Sacra é o primeiro evento da marca Festivales Territorio, unha aposta da promotora galega i-radia Crea por crear festivais respectuosos co territorio cunha programación diversa en distintas zonas maioritariamente rurais. En 2023 17º Ribeira Sacra foi recoñecido como Mellor Festival en Pequeno Formato nos Iberian Festival Awards e recentemente logrou 14 nomeamentos no mesmo certame. Os festivais irmáns Esférica Rioja Alavesa (País Vasco); Tierra Bobal Fest e Nómade (Comunidade Valenciana) e Canari (Illas Canarias) seguen o modelo de 17º Ribeira Sacra en diferentes puntos do territorio nacional.

Festival 17º Ribeira Sacra, 2024-12-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES