
Para chegar a esta conclusión, o equipo investigador avaliou as variables de transparencia, reputación, calidade de vida, competitividade e cidade intelixente en 50 cidades españolas capitais de provincia.
Que un espazo urbano sexa competitivo implica maior produtividade, ou o que é o mesmo, un tecido empresarial vizoso que xera, entre outros elementos, ingresos e emprego. Agora, o estudo liderado dende a Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo evidencia que o feito de gozar dunha boa calidade de vida non implica unha situación de acomodo por parte das cidades, senón máis ben todo o contrario: as cidades que viven mellor en termos de calidade, elevan o seu poder competitivo.
No mundo actual, as cidades albergan máis do 50% da poboación, unha porcentaxe que seguirá aumentando nas próximas décadas, sinalan dende o equipo investigador. Segundo previsións de Nacións Unidas, esta porcentaxe alcanzará o 68% en 2050. Esta crecente importancia do papel das cidades chamou a atención tanto das autoridades públicas como do mundo académico sobre cuestións como a gobernanza dos espazos urbanos, a calidade de vida ou a competitividade das cidades. O noso estudo sitúa a calidade de vida non só como un resultado importante, senón tamén como un recurso estratéxico capaz de mellorar a competitividade das cidades, destacan. Neste sentido, os gobernos poden utilizar a avaliación comparativa tratando de descubrir que políticas se implementan nas cidades con taxas de calidade de vida máis altas e poñelas en práctica nas súas respectivas cidades, engaden. Dende esta perspectiva e a xuízo do equipo investigador, que os gobernos deseñen políticas para que a cidadanía viva mellor ten un impacto directo no desenvolvemento económico da zona en cuestión.
O estudo contribúe a mellorar o coñecemento sobre a calidade de vida nas cidades, profundando non só nos seus antecedentes, senón tamén nos seus resultados. Por unha banda, exponse como a calidade de vida nunha cidade pode verse impulsada por recursos de gobernanza como a transparencia e a reputación; mentres que doutra banda, proponse que a calidade de vida pode verse como un recurso estratéxico que conduce a unha maior competitividade da cidade, o que á súa vez pode actuar como un indutor dun maior índice de cidade intelixente.
O traballo é o primeiro artigo emanado da tese de doutoramento de María J. Pazos García, doutoranda no programa Economía e Empresa da USC. Figuran como coautores os profesores da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC, Vicente López López e Guadalupe Vila Vázquez, ademais da profesora de UDC, Susana Iglesias Antelo. A tese de María J. Pazos García afonda na calidade de vida nas cidades, os seus determinantes e consecuencias, e garda relación con varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, entre eles o ODS 11, lograr que as cidades sexan más inclusivas, seguras, resilientes e sostibles.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.