
Nel analizáronse 73 formacións e se entrevistaron a máis de 300 persoas traballadoras do sector do emprego do fogar e coidados. Da análise dese traballo, despréndese que unha das maiores dificultades para formarse é a coincidencia horaria co traballo, a modalide presencial e a autorización de residencia, de ser o caso.
Por iso, o que se propuxo tras o estudo foi a creación dunha formación a través de microcredenciais centradas na persoa, involucrando diferentes axentes que garanta acceso e eficacia no proceso formativo. Unha das claves deste tipo de formación é que son procesos cortos, flexibles e orientados á mellora da empregabilidade en áreas concretas.
Experiencia piloto
A metodoloxía deseñada para esta primeira microcredencial tendo en conta os parámetros do estudo, centrouse na atención e coidados básicos a persoas maiores e/ou en situación de dependencia en domicilios, de 30 horas lectivas en formato semipresencial. Foi impartida por un equipo docente da UDC en colaboración coa Red Acoge.
O resultado máis relevante deste proxecto é que das 70 persoas que iniciaron a formación, 66 finalizaron mellorando as súas competencias e coñecementos na materia nun ámbito de demanda laboral, o que permitirá un mellor acceso ao mercado de persoas que previamente tiñan maiores dificultades.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.