Notas de prensa

A exposición 'Cantantes Líricas Galegas dos séculos XIX e XX' abre o Outono Cultural

O Colexio de Fonseca acubilla ata o 16 de novembro a exposición 'Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e Ãfrica', que recupera a memoria de 23 mulleres 'extraordinarias, emprendedoras, valientes e protagonistas en moitos casos de éxitos internacionais', explicou o profesor de Historia da Música da USC Javier Garbayo na inauguración deste venres, que estivo presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, que puxo de relevo o carácter científico do proxecto

Tamén participaron a outra comisaria, a arquivera da real Filharmonía de Galicia Mª del Carmen Lorenzo Vizcaíno; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o presidente de Amigos da Ópera de Santiago, Xesús Couceiro.

A exposición artéllase a través de 18 paneis informativos ilustrados –organizados todos eles a modo de bastidores dun teatro- e 10 amplas vitrinas onde se recompila abondosa documentación, tanto de carácter persoal como profesional, de cada unha delas. Ademais, os contidos sonoros inzarán esta mostra, grazas ás gravacións realizadas entre 1920 e 1970 e conservadas até día de hoxe.

Segundo explica Garbayo, a edificación e reforma dos teatros galegos, as visitas continuadas de compañías de ópera e zarzuela foráneas e a constante integración de músicos locais nestas formacións supuxeron “un grande impulso para a lírica en Galicia, así como tamén para as voces femininas galegas no xénero. Unhas voces que, co transcorrer das décadas, gañaron sona e relevancia nos grandes teatros europeos, americanos e africanos”. Asegura Garbayo que “a presenza de cantantes galegas de nacemento ou de adopción se fixo frecuente para interpretar por todo o mundo os grandes roles femininos do repertorio lírico italiano, francés e alemán, ademais do repertorio español e galego no eido da zarzuela”.

A xeito de conclusión ou reflexión final, os organizadores deixan no aire unha cuestión, que logo da investigación “é case unha evidencia”: a partir do relato da exposición, podemos falar dos inicios dunha Escola Lírica Galega?.

Arquivo sonoro

A mostra dedica unha especial atención ás gravacións conservadas da voz destas cantantes feitas entre as décadas de 1920 e 1970. A selección de audios recolle as voces de Mary Isaura, Ofelia Nieto, Ãngeles Ottein, Matilde Vázquez, Lola Rodríguez Aragón, María Luisa Nache, Inés Rivadeneira, Josefina Cubeiro e Ãngeles Gulín.

Dentro do discurso expositivo e do deseño da exposición, tamén gaña gran protagonismo o espazo dedicado ás irmás Ãngeles Ottein e Ofelia Nieto (Ãngeles modificou o seu nome, dándolle a volta ao apelido Nieto e sumándolle un ‘tÂ’ co obxectivo de se diferenciar de Ofelia a nivel artístico). Estas dúas irmás foron as principais sopranos españolas da primeira metade do século XX, ligadas pola súa orixe e afecto a Compostela. De feito, as dúas –malia nacer en Madrid– sempre se declararon galegas e convertéronse co paso de tempo en auténticas estrelas para as comunidades na diáspora. 'Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX' tamén inclúe unha proposta de actividades didácticas e lúdicas en diversos formatos.

Ciclo de conferencias e concertos

Está programado ademais un ciclo de conferencias en paralelo á mostra, artellado por Amigos da Ópera, que serán impartidas na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País en Santiago e na Facultade de Xeografía e Historia da USC por Emilio Casares (10 de outubro), Javier Garbayo (17 de outubro), Mª del Carmen Lorenzo (21 de outubro), Arturo Reverter (30 de outubro) e Andrea Vitalini (6 de novembro). Ademais, celebrarase un concerto adicado ás Novas voces galegas que terá lugar no Auditorio de Galicia en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia no que tres figuras emerxentes do noso panorama lírico ofrecerán una coidada selección de pezas de ópera e zarzuela.

Proxecto colaborativo

A exposición é produto dunha estreita colaboración entre institucións, xa que está organizada pola USC xunto coa Axencia Estatal de Investigación, coa Asociación de Amigos de la Ópera de Santiago e cos grupos de investigación da USC organistrun (GI-2025) e Tecnoeduc (GI-1438). Ademais están implicadas institucións galegas, estatais e internacionais. A listaxe de colaboración inclúe a Xunta, o Consello da Cultura Galega, a Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, a Academia Galega de Belas Artes, a Biblioteca Nacional de España, o Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, a Filmoteca Española, a Fundación Juan March, o Museo Casa de la Troya, o Museu de les Arts Escèniques, a SGAE, o Teatro La Fenice de Venecia e o Teatro alla Scala de Milán.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2024-10-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES