Notas de prensa

Un ciclo de concertos levará a música clásica aos tres campus da UVigo

“Achegar a música clásica á comunidade universitaria e á cidadanía próxima aos tres campus” da Universidade constitúe, como sinala a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, o obxectivo de A Clásica na UVigo: Ciclo de Cámara nos Campus, que nas próximas semanas levará a Pontevedra, Ourense e Vigo o Dúo Fuchs, integrado polo violinista Mauro José Mariño e a violinista e violista Jennifer Gómez.

Trátase dun ciclo de actuacións abertas a toda cidadanía e con entrada gratuíta, que arrancará o vindeiro xoves 3 de outubro, ás 20.30 horas, na Vicerreitoría do campus de Pontevedra. O seguinte concerto terá lugar o mércores 9, ás 20.00 horas, no salón nobre do Liceo de Ourense, mentres que o último recital será o xoves 24 en Vigo, no terceiro andar do edificio Redeiras, tamén ás 20.00 horas.

Como explica Reboreda, trátase dunha iniciativa que se impulsa por primeira vez ao abeiro do asinado entre a UVigo e a Orquestra Clásica de Vigo, “quen desde hai anos organiza e protagoniza o Concerto de Nadal da nosa institución”.

Recuperación de obras inéditas ou esquecidas

A Clásica na UVigo terá como protagonista ao dúo que integran Mariño e Gómez, antigos integrantes do Cuarteto de Corda Faraday, gañador do segundo Premio Internacional de Música de Cámara C. M. Giulini. Ao longo da última década, estes dous músicos formaron parte tamén de varios ensembles e actuaron como solistas, interpretando obras de Bach, Mozart ou Atterberg, con varias orquestras europeas.

Como recolle o texto de presentación deste ciclo, “a súa experiencia como intérpretes de música de cámara está ligada á súa prolongada estancia no estranxeiro, impulsada, nun primeiro momento, polo programa Erasmus” e posteriormente por diferentes premios e bolsas. Mariño Suárez e Gómez Vilar impulsaron o Dúo Fuchs en 2019, co gallo do Festival Internacional Alpen Classica, no que colaboran habitualmente como profesores e intérpretes, iniciando entón a andaina dunha proposta musical que pon o foco en “obras inéditas ou esquecidas”, resultado “dun traballo constante de recuperación e revalorización de obras para dúo de diferentes épocas e estilos, que abranguen dende o século XVIII ata os nosos días”.

Tanto Mariño, profesor no Conservatorio Superior de Música de Vigo, como Gómez combinan a actividade interpretativa coa colaboración con centros e proxectos educativos en diferentes puntos de Europa. Ambos, ademais, suman a súa actividade musical e educativa o labor investigador que desenvolven en programas de doutoramento das universidades de Vigo e Uviéu.

Nestes tres recitais, o Dúo Fuch interpretará un programa conformado por Six sonates a deux violons Op.4 n.2, de Maddalena Laura Lombardini-Sirmen; Douze Duos Op. 49, de Reinhold Glière; Six duets concertanti Op- 15 n. 3, de Federigo Fiorillo, e Spanische Weisen Op. 113, de Charles Auguste de Bériot.

Universidade de Vigo (UVigo), 2024-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European ResearchersÂ’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES