Notas de prensa

A ría de Vigo convértese en enclave singular para un proxecto de monitorización da biodiversidade das costas europeas

As comunidades mariñas están a experimentar cambios significativos baixo a influencia de diversos factores, como o cambio climático, a extracción de recursos naturais, a contaminación, a degradación do hábitat e as especies invasoras, o que dá especial relevancia a iniciativas como a Rede Europea de Observación da Biodiversidade Mariña Ómica, EMO BON, un marco de observación da biodiversidade para Europa.

Forman parte dela arredor de 20 estacións mariñas, desde o Ártico ata o mar Vermello, entre elas a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, un dos dous nodos españois do Centro Europeo de Recursos Biolóxicos Mariños (European Marine Biological Resource Centre-EMBRC). O enclave vigués cobra especial importancia no conxunto da rede, xa que a recompilación de datos que se realiza nesta ría é a única de Europa que se corresponde cunha zona de afloramento costeiro.

Unha das investigadoras do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo que participan neste proxecto é Estefanía Paredes, quen destaca que para o persoal investigador do centro é “crucial” formar parte dunha iniciativa que lles permite “contribuír ao coñecemento global dos ecosistemas mariños”. Nesta liña, destaca que se debe ter en conta que a metodoloxía da mostraxe é a mesma en todas as estacións, xa que o obxectivo é replicar o procedemento en diferentes ambientes e o que fai diferente a cada punto é a súa localización xeográfica.

O proxecto permitirá estudar os cambios na diversidade a longo prazo

Dese o equipo do CIM destacan tamén que esta recollida de datos a longo prazo é fundamental para estudar e entender os cambios que se están producindo nos ecosistemas mariños debidos a factores como o propio cambio climático. Para logralo, nas mostraxes de EMO BON analízase a diversidade xenética dos organismos planctónicos, bacterias e a macro e meiofauna bentónica, ademais de realizar unha caracterización das condicións físicas da contorna, do tipo temperatura, pH, salinidade ou osíxeno disolto.

“EMBRC aposta porque este observatorio se manteña no tempo e dende o CIM apostamos por achegar o noso tempo e coñecementos para obter e traballar con estes datos, o que permitirá estudar os cambios na diversidade a longo prazo e coñecer os efectos do cambio climático sobre as poboacións, como modificacións na abundancia dalgúns grupos ou a aparición de especies invasoras polo cambio de condicións”, explica Estefanía Paredes. Cos datos recollidos, estanse a realizar publicacións periódicas cos resultados obtidos, datos que se publican en acceso aberto, catalogados por país e estación de mostraxe. A investigadora aclara neste sentido que “xa se publicaron datos correspondentes a series anteriores na ENA (European Nucleotide Arquive) que constitúen o set de datos ecolóxicos de investigación xenética mariña a longo prazo máis grande ata o momento e moitos máis datos seguen procesándose para a súa publicación, agardamos, o vindeiro mes de novembro”.

20 observatorios desde o Ártico ao mar Vermello

A rede está formada actualmente por uns 20 observatorios distribuídos polas augas costeiras europeas e as rexións polares. Concretamente, en España participan a Ecimat do CIM (Galicia) e a Estación Mariña de Plentzia (País Vasco); en Portugal, o CCMAR (Centre for Marine Sciences) e CIIMAR (Interdisciplinary Centre of Marine and Environmental Research); en Francia, a Station Biologique de Roscoff, o IMEV (Institut de la Mer de Villefranche) e o Observatoire Océanologique de Banyuls sur Mer; en Italia, a Stazione Zoologica Anton Dohrn e o CNR-ISMAR (Consiglio Nazionale Delle Ricerche); nos Países Baixos, a Ghent University, o VLIZ (Flanders Marine Institute), o Royal Belgian Institute of Natural Sciences e o Katholieke Universiteit Leuven; en Grecia, o HCMR (Institute of Marine Biology, Biotechnology and Aquaculture, Hellenic Centre for Marine Research); en Noruega, The Arctic University of Norway, Ghent University e University of Bergen; en Suecia, University of Gothenburg, Linnaeus University e Umeå Marine Sciences Centre; e, por último, en Israel, a HUJI (Interuniversity Institute for Marine Sciences).

Universidade de Vigo (UVigo), 2024-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES