
O rock é o protagonista do cartel e o ambiente tranquilo e familiar un dos seus grandes atractivos. Julián Maeso, Dakidarría, Moura e Moonshine Wagon serán o prato forte do certame na noite do sábado 31 de agosto. O encontro complétase con talleres, actividades e actuacións infantís e Orientaventura, unha xyncana de orientación polo monte, que esgota prazas en cada edición. Ao longo destes tres días tamén se poderá gozar de artesanía e da zona gastro.
O apartado musical complétase con concertos en horario vermú o sábado, con A Polémica Banda dos Bechuchos, e o domingo, con Mad Martin Trío. Ademais o festival revalida o seu apoio ás bandas galegas e emerxentes coa celebración da segunda edición do concurso de bandas Salvaxesons. O venres 30 de agosto celebrarase no festival a final do concurso, na que participan Sanny, Law, The Kelly Kellys, Superglú e The Broke. Un xurado decidirá o grupo gañador e outorgará un segundo e terceiro premio. Os tres primeiros recibirán 1.000, 400 e 200 euros, respectivamente.
Entradas á venda
As entradas están dispoñibles na web do festival cun prezo de 25 euros. A única xornada de pago é o sábado 31 de agosto, cando se celebrarán os concertos de Julián Maeso, Dakidarría, Moura e Moonshine Wagon, entre outros. Os nenos menores de 14 anos entran de forma gratuíta todos os días e non necesitan reservar a entrada.
Para as persoas que desexen pasar a noite, o festival habilita unha zona de descanso na que acampar por un custo extra de 5,00 por persoa. Como na pasada edición, tamén haberá unha área reservada para furgonetas, cun custo de 10,00 por vehículo.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.