
O festival propón unha experiencia única que combinará a mellor música coa natureza e a historia do recinto. As entradas sairán á venda mañá xoves 30 ás 12:00 cun prezo promocional de 35 o abono de dous días e 25 a entrada de día só para os primeiros compradores, que poderán adquirilas en Enterticket e a web do festival.
O venres 5 de xullo destacan os nomes de Andrés Suárez e Paula Mattheus. O artista ferrolán chegará co seu último traballo Viaje de Ida y Vuelta ao Festival do Pasatempo acompañado e arroupado pola súa banda. O cantautor continúa enchendo espazos no ámbito nacional e latinoamericano coas cancións que compoñen este delicado álbum co que chegou a posicionarse como número 1 en vendas. Pola súa parte, Paula Mattheus é unha das grandes revelacións do pop nacional, aportando un aire novo e fresco á música do país coa súa voz única, rota e doce ao mesmo tempo.Ya No Me Joden La Fiesta é o seu recente lanzamento que da nome á nova xira, presentada en Live Las Ventas con entradas esgotadas e máis de 3.000 asistentes. Cun potente show cargado de enerxía, Paula Mattheus non deixa indiferente a ninguén e fai de cada cita unha festa inesquecible.
O sábado 6 de xullo destaca cun dos nomes máis importantes da música en España durante o século XXI, David Bustamante, que estará acompañado da artista galega Sabela. Bustamante é unha das mellores voces da música en español, e traerá a súa xira Veinte años y un destino ata o Parque do Pasatempo de Betanzos, nun espectáculo no que repasará os seus máis de 20 anos de carreira. Ninguén canta ao amor como Bustamante, cunha dilatada, consolidada e frutífera traxectoria musical, 19 discos de platino, varios discos de ouro e máis de 1.000 concertos, que avalan a súa carreira musical e convérteno nun dos artistas máis importantes do país. Mentres tanto, Sabela é unha das caras visibles desta nova onda de pop electrónico que triunfa no panorama musical actual. Coas súas tinguiduras animadas e bailables, Sabela eleva a súa música a un aspecto máis eufórico, converténdose no gran alicerce deste xénero en Galicia. Hoxe mesmo acaba de estrear o seu novo sinxelo Hi, My Love, co que pretende revolucionar o pop electrónico galego. Tamén se atopa presentando a súa xira baixo o nome de Ceniza Tour, que foi seleccionada para o certame Girando Por Salas e xa conquistou algunhas das grandes cidades do país como Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Valladolid, Jaén ou Oviedo, e que continúa polas cidades de León e Salamanca. Esta xira tamén a levará por festivais da talla do SonRías Baixas.
O festival xorde como una iniciativa para traer a artistas de primeiro nivel a un parque histórico, poñendo en valor a súa categoría de Ben de Interese Cultural. O espazo é un tesouro agochado da historia galega, construído no século XIX polos indianos da zona. A día de hoxe segue sendo un elemento impresionante en vías de restauración, polo que o evento, dende a liña gráfica creada por Rei Zentolo ata as actividades e comunicación do mesmo, tamén visibilizará os procesos de resignificación dun dos espazos máis históricos e culturais da contorna.
O Festival do Pasatempo de Betanzos é un festival promovido pola promotora PlayPlan, artífice de festivais como o SonRías Baixas ou das carreiras artísticas de Tanxugueiras ou Caamaño&Ameixeiras entre moitos outros. Ademais, conta coa colaboración institucional da Xunta de Galicia, Xacobeo e Concello de Betanzos.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.