Notas de prensa

A Aula de Teatro da USC desenvolverá ao longo do mes de abril unha intensa actividade escénica

Será a mediados de mes cando teña lugar en Lugo o Festival de Teatro Universitario (cinco compañías presentarán no auditorio Gustavo Freire outras tantas producións), e uns días despois en Compostela a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que se completarán con obradoiros de arte escénica, a iniciativa ‘escaparArte’ e a presentación do exercicio final da Escola de Teatro.

Cinco compañías universitarias presentarán no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo outras tantas producións artísticas do 15 ao 19 de abril no marco da trixésima edición do Festival de Teatro Universitario. As representacións teatrais programadas, a cargo das compañías USC-Lugo, USC-Santiago e ‘Vaites Vaites’, formada por alumnado do IV Ciclo da USC, grupo Maricastaña, da Universidade de Vigo, e o grupo de teatro da Universidade Pública de Navarra, comezarán ás 20.30 horas. Todas as funcións son de acceso libre e gratuíto para todas as persoas interesadas.

Unha semana máis tarde, desenvolverase en Santiago a XXII Mostra de Teatro Universitario de Galicia, coa participación das compañías da USC Calopsia Teatro, El Enredo, Brinco de Venus, Compañía de teatro da USC-Campus de Lugo e Aula de Teatro da USC, o grupo Maricastaña e a compañía independente da USC LaBarata Producións. As obras dos días 22, 23, 24 e 30 de abril serán ás 20:30 horas no Teatro Principal, mentres que as funcións dos días 26, 27 e 29 serán na Sala Roberto Vidal Bolaño ás 21:00 horas. A entrada é tamén de balde, previo paso pola billeteira.

Actividades complementarias

O programa para este mes de abril contempla tamén os obradoiros de arte escénica, que iniciará en Compostela Rebeca Montero cun de interpretación entre os días 10 e 14 de abril e continuará con outro de clown da man de Marián Bañobre entre o día 17 e o 21. En Lugo, Ana Vallés dirixirá os días 20 e 21 de abril un sobre creación escénica. O prazo de inscrición en liña nestes obradoiros está xa aberto a través dos enderezos [email protected]: para os de Santiago e [email protected] para o de Lugo.

Este abril escénico complétase coa iniciativa participativa ‘EscaparArte’, que contempla a intervención de diversos artistas en distintos escaparates de establecementos comerciais do casco histórico de Lugo. As persoas interesadas en tomar parte neste manifestación artística, que se desenvolverá o 13 de abril, en quenda de 18.00 a 20.00 horas, poden formalizar a súa solicitude a través de [email protected].

Por último, ‘Variacións Goldberg sobre homes, cans e Matías Galetto (con doble “t” de trava, hijo de puta)’ é o título da obra que estreará o 16 de abril a Escola de Teatro da USC como parte do exercicio final. Haberá dous pases, ás 19:30 e ás 20:30 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2024-04-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES