
As comunicacións seleccionadas inseriranse nas diferentes mesas deste evento académico e recolleranse á súa vez na publicación dixital resultante de cada edición do congreso.
Nas súas oito edicións previas, o congreso fixo posible a publicación de máis dun centenar de estudos de investigadores e investigadoras dunha decena de países. Non atopamos precedente dentro do mundo académico español e europeo que poida ofrecer un corpus de coñecemento en performance como o que, de maneira aberta e gratuíta, ofrece Fugas e Interferencias, sinala o profesor Carlos Tejo, codirector deste congreso xunto coa investigadora Marta Pol. É realmente un gran mérito ter podido reunir máis de 100 relatorios, engade este docente e investigador, que lembra que as comunicacións son seleccionadas por un comité científico formado por prestixiosas personalidades dentro campo da performance, tanto de España como do estranxeiro.
As publicacións sobre performance, novo eixe de análise
Ata o 22 de abril permanece aberto o prazo de presentación de propostas de comunicacións, que deberán centrarse nun dos cinco eixes temáticos desta edición. Por unha banda, atópanse a reflexión teórica sobre a arte de acción e as súas interseccións con outras disciplinas, como a videoarte, o teatro ou a danza contemporánea, así como a súa relación co ámbito pedagóxico. Tamén se pon o foco nas interaccións co contexto político, prestando especial atención á natureza da arte de acción desde a perspectiva de xénero, e no comisariado de performance. A estas catro liñas súmase nesta edición un novo eixe de análise, o estudo das publicacións sobre arte de acción, unha área de investigación escasamente divulgada, a pesar de existir propostas "de gran calidade e relevancia intelectual, recoñece Pol.
Reflexións e accións en dúas sedes
Nesta novena edición, o programa manterá a estrutura dos anos precedentes, na que as conferencias e mesas de comunicacións se combinan cunha serie de performances. Isto permítenos manter un equilibrio entre as dúas caras da arte de acción, sinala Pol, que destaca que o percorrido do congreso permitiu establecer unha conexión a nivel internacional entre diversas universidades, centros de arte, comisarios, artistas e investigadores. Nesa mesma liña, Tejo subliña que xa somos un referente europeo e latinoamericano na materia e debemos aspirar a seguir crecendo en calidade e excelencia.
Neste 2024, o congreso manterá de novo a Vicerreitoría do campus de Pontevedra como sede da súa xornada inicial, na que contará de novo coas performances realizadas polo alumnado de Belas Artes, para logo trasladarse ao CGAC.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.