
Coordinado pola Universitat de Barcelona, o consorcio no que tamén participa o CSIC, CETMAR e a Universidat de València, acaba de recibir un financiamento de case nove millóns de euros. O proxecto busca reducir as capturas accesorias de especies (cetáceos, raias, ou tartarugas mariñas) destas pesqueiras e fundamentar unha xestión sostible para as pesqueiras industriais da UE que operan nesta rexión pouco estudada. Esta zona, que comprende as augas peláxicas do Golfo de Guinea, África Occidental, Macaronesia e a costa ibérica, constitúe un punto quente de biodiversidade para unha gran variedade de megafauna mariña, explican. A rexión é tamén o obxectivo da pesca industrial de 50 países, incluídas importantes frotas de cerco, palangreiras e arrastreiras da UE, con elevados índices de capturas accesorias de megafauna mariña diversa.
Accións
Ademais de polo profesor Sebastián Villasante, o equipo da USC intégrano Manel Antelo, Pablo Pita e Gill Ainsworth. O grupo encargarase de coordinar o paquete de traballo de planificación espacial mariña sostible e xusta e revisará a equidade nas políticas, procesos e prácticas institucionais e normativas existentes en relación coa xestión das capturas accesorias. Tamén elaborará mapas de risco baseados en zonas chave de biodiversidade e puntos críticos de capturas accesorias, dirixirá unha análise socioeconómica das repercusións destas capturas nas actividades pesqueiras e as respostas dos pescadores ante as mesmas, así como dos servizos climáticos prestados polos animais capturados deste xeito.
Ademais, desenvolverase un Código de Boas Prácticas para a xestión das capturas accesorias na Unión Europea. O profesor Villasante é tamén investigador do Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da Universidade de Santiago de Compostela (CRETUS).
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.