
José Luis Cabarcos fixo fincapé no extraordinario labor dos viticultores desta denominación de orixe, que está enmarcado dentro da viticultura heroica. O representante da Xunta destacou tamén a importancia das variedades autóctonas e apostou por manter o seu cultivo, para que estes viños sigan tendo unha personalidade propia e característica.
Na mesma liña, Cabarcos referiuse tamén á futura Lei da calidade alimentaria, que se converterá -dixo- nunha nova panca de desenvolvemento para os consellos reguladores. Así mesmo, sinalou que na tramitación desta norma identificáronse varios retos de futuro nos que será fundamental a unión de todo o sector agroalimentario.
As XXVII Catas de viños Ribeira Sacra, proxecto común compóñense de tres categorías, unha para os brancos, outra para os tintos e unha terceira para os viños de colleitas anteriores. Neste caso entregáronse cadansúa medalla de ouro, prata e bronce para diferentes viños brancos e tintos e os produtos de colleitas anteriores foron galardoados con tres ouros.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.