
Agora, un equipo do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), liderado por Diana Guallar, acaba de conseguir financiamento para examinar os ARNs cuxas modificacións son alteradas co envellecemento; e explorar a modulación farmacolóxica destas marcas reversibles como unha nova terapia para mellorar a calidade de vida durante esta etapa. A investigación conta con financiamento dunha bolsa da Fundación Ramón Areces.
O traballo da USC foi un dos 19 recoñecidos en toda España na última convocatoria do concurso de Axudas á Investigación en Ciencias da Vida e da Materia. En total, a entidade destina preto de 130.000 euros a esta investigación galega sobre as modificacións químicas dos ARNs asociadas á lonxevidade. Aínda que en estudos recentes a regulación destas marcas químicas reversibles veu relacionándose coa idade noutros organismos, debido á súa complexidade, en mamíferos non se coñece con exactitude o papel que xogan. E é aquí onde se nos abre un horizonte prometedor cara a novas terapias, asegura Diana Guallar.
Reescribir o ARN
Os ARNs modifícanse quimicamente (epitranscriptomicamente) en todos os organismos, dende os fermentos ata os humanos, e estas modificacións poden afectar a todas as etapas do metabolismo do ARN, dende a súa estabilidade ata a súa localización ou potencial de codificación de proteínas. Demostrouse que estas marcas desempeñan funcións chave no desenvolvemento embrionario, a adaptación ao estrés e as respostas inmunitarias innatas, entre outras. De feito, as modificacións de ARN están máis preto das nosas vidas do que podemos imaxinar, xa que un aspecto clave das vacinas de ARNm contra a COVID-19 foi a modificación química N1-metilpseudouridina (m1Ψ) nestes ARNs para aumentar a súa eficacia.
Debido ao continuo aumento da esperanza de vida nas sociedades occidentais, o envellecemento converteuse no maior factor de risco para a maioría das enfermidades humanas, como os trastornos cardiovasculares e metabólicos, o cancro e os procesos neurodexenerativos.
A pesar de que a regulación epitranscriptómica está a empezar a ser asociada coa lonxevidade e o envellecemento en vermes e fermentos, en mamíferos non se coñece con exactitude o papel que xogan estas modificacións químicas do ARN. Por iso, o proxecto que levamos a cabo proponse examinar os ARNs cuxas modificacións son alteradas co envellecemento, e explorar a modulación farmacolóxica destas marcas reversibles como unha nova terapia para mellorar a calidade de vida durante o envellecemento, sostén a investigadora da USC.
Nova era de investigación
Guallar admite que, a pesar da gran cantidade de estudos realizados ata a data sobre o envellecemento, a súa complexidade intrínseca ten dificultado o desenvolvemento de estratexias clínicas de éxito para contrarrestalo. Dado que a metilación do ARN é reversible, propón levar a cabo a disección da combinación mínima de moduladores epitranscriptómicos que poderían usarse para reverter as características do envellecemento. Inmersos nunha nova era de investigación sobre modificacións do ARN, este proxecto pretende dilucidar novos mecanismos subxacentes ao envellecemento, proporcionando novos biomarcadores e estratexias para abordar esta inevitable consecuencia da vida, explica.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.