
O volume, que foi presentado nas últimas horas na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo, ten a súa orixe no incremento exponencial rexistrado durante a pandemia do uso do teletraballo, que fixo necesario modificar o conciso art. 13 do Estatuto dos Traballadores cunha normativa específica, como é a Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia, explica Alexandre Pazos.
Tanto o docente e investigador do Departamento de Dereito Público Especial da UVigo, como Lousada e Ron xa escribiran antes de este volume outras publicacións sobre o impacto das tecnoloxías e o teletraballo no ámbito laboral, razón pola que consideramos necesario elaborar unha monografía actualizada que contemplase estes cambios lexislativos ante os novos desafíos dixitais, explica Pazos . Os tres autores escribiron de xeito coordinado os 16 capítulos que integran o volume, aínda que cada un deles se centrou nalgunhas partes concretas, segundo o seu grao de especialización na materia
Cuestións abordadas no volume
O réxime xurídico do teletraballo, así como o principio de igualdade e non discriminación neste contexto; a importancia do acordo de traballo a distancia; a dotación mantemento de medios e compensación de gastos; o tempo de traballo; a prevención de riscos laborais; a desconexión dixital e o dereito á intimidade e aspectos procesuais, de seguridade social e o teletraballo transnacional, son as cuestións nas que se centra o volume. Hai que ter en conta as vantaxes da correcta implementación do teletraballo nas empresas, xa que reduce os desprazamentos, aforro enerxético, facilita o emprego de persoas con mobilidade reducida ou discapacidade, con cargas familiares e do rural, enumera Pazos, que tamén apunta que o traballo a distancia pode axudar a reducir o absentismo laboral, a reter o talento e permite traballar con profesionais doutros países.
Non obstante, o docente da UVigo tamén sinala que cómpre non esquecer que no ámbito do teletraballo tamén se necesita reforzar a protección das persoas traballadoras ante as posibilidades dun maior illamento, dificultades na promoción profesional ou a aparición de novas patoloxías mentais como o tecnoestrés. En definitiva, analizouse o teletraballo desde diferentes perspectivas dunha maneira global e completa, resume Alexandre Pazos.
Maior seguridade xurídica para evitar conflitos
Os autores de Trabajo a distancia y teletrabajo. Regulación laboral, procesal y de Seguridad Social; teletrabajo transnacional consideran que nos últimos anos, tras as recentes reformas lexislativas, se avanzou moito na regulación e protección do traballo a distancia e do que se caracteriza polo uso das novas tecnoloxías. Actualmente existe maior seguridade xurídica que axuda a evitar conflitos entre empregadores e persoas traballadoras a distancia, considera Alexandre Pazos, que cre, debe realizarse unha valoración positiva de todos os avances nesta materia, aínda que que é certo que sempre se pode mellorar, polo que no libro tamén se recollen distintas propostas de mellora.
En canto ao público ao este volume está dirixido, Pazos sinala a calquera persoa que estea interesada na materia e tamén, pola súa accesibilidade, ao público en xeral. Con todo, está especialmente recomendado a persoas con formación xurídica en Dereito laboral, como poden ser estudantes en Dereito ou Relacións Laborais, avogados, graduados sociais, profesores universitarios e xuíces, xa que atoparán unha boa guía interpretativa cimentada nunha actualizada e afinada análise lexislativa, doutrinal e xurisprudencial, que convida á reflexión e ao debate sobre unha materia de rigorosa actualidade, explica o autor.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.