
A Organización Europea das Instititucións Rexionais de Control Externo do Sector Público Eurorai celebra por primeira vez en Galicia o seu seminario internacional.
O Consello de Contas de Galicia, na súa condición de órgano independente, previsto no Estatuto de Autonomía, para o control externo da xestión económico-financeira do sector público da Comunidade Autónoma, reúne en Compostela, o vindeiro 5 de maio, a máis de cen representantes co control externo europeo, procedentes de Alemaña, Austria, Bosnia e Herzegovina, Escocia, Francia, Lituania, Noruega, Polonia, Portugal, Suecia ou Suiza.
Trátase da primeira vez, que o Consello de Contas de Galicia, nos seus máis de trinta anos de historia, alberga o Seminario da Organización Europea das Institucións Rexionais de Control Externo do Sector Público Eurorai, malia ser un dos 15 membros fundadores de Eurorai en 1992.
Este seminario realizouse nos trinta anos de vixencia da organización nas últimas edicións en Sarajevo, Frankfor e Palma de Mallorca.
Neste caso, o seminario adicarase a un tema estratéxico para o Consello de Contas de Galicia: «Os órganos rexionais de control externo e a avaliación de resultados. Un intercambio de experiencias».
O seminario comezará ás 09.15 horas, no Centro de Estudios Avanzados da USC Parque de Vista Alegre, Rúa Salvadas e será inaugurado polo Conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia, Miguel Corgos López-Prado e o Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia, José Antonio Redondo López.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.