
Entre os relatores convidados figuran o catedrático da Universidade de Stuttgart (Alemaña), Steffen Staab, o catedrático da Universidade de Southampton (Reino Unido), Thanassis Tiropanis, a profesora do Wellesley College de Massachusetss (Estados Unidos), Eni Mustafaraj, o lÃder de investigación no Wimmics de INRIA (Francia), Fabien L. Gandon, o profesor da London School of Economics (Reino Unido), Nick Anstead, e o catedrático da Universidade de Sevilla (España), Julio Cabero Almenara.
As persoas interesadas en participar neste congreso que se enmarca dentro das XXVIII Xornadas de FilosofÃa e MetodoloxÃa Actual de Ciencia terán que enviar un correo electrónico cos seus datos persoais a jornadas.filosofia.ciencia@udc.es ou ben chamar ao 881 01 3814 antes das 14:00 horas do venres 24 de febreiro. O prezo da matrÃcula oscila entre os 40 e os 70 euros en función da categorÃa de inscrición: integrante da comunidade universitaria ou profesional.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.